A 10º PRIMAVERA EN RUTA ábrese ao exterior

A 10º PRIMAVERA EN RUTA ábrese ao exterior

Presentacion XPR 2

Presentacion XPR 2

Presentacion XPR 4

Presentacion XPR 4

A PRIMAVERA EN RUTA cumpre unha década dedicada a sacar a coñecer e descodificar o patrimonio da Costa da Morte. Os dez anos e máis de 70 actividades para o coñecemento estiveron no punto de mira na presentación que se levou a cabo o pasado sábado no Espazo da Natureza de Oza.

A efeméride serviu para reflexionar sobre o xeito de facer camiñadas, no noso caso coa idea clara de que sirva no aprendizaxe e para o coñecemento do rico patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da Costa da Morte. Sobre esa reflexión se extendeu a presentación por parte de de Evarísto Dominguez Rial, Jose Manuel Menéndez Varela, Adrián Eirís Torres e Eva Cameán Pensado, que vertebraron cada unha das variables que esta efeméride do 10º aniversario, trouxo como novidade.

Ao tradicional xeito, con clara vocación interpretativa, das andainas sumase a participación nas mesmas de diferentes entidades que, con características similares, realizarán os roteiros de sendeirismo a cando a nosa entidade.

Asociacións da bisbarra como o Instituto de Estudos Bergantiñáns ( presente na presentacións) sumaranse a outras entidades de máis lonxe e que, de xeitos diferentes, traballan a prol do patrimonio. Ademais de seguir na procura e organización con asociacións de fora das nosas comarcas, tres son as entidades do exterior, que xa confirmaron a presenza nesta X PRIMAVERA EN RUTA: Son Mavea de Asturies, Non máis lumes Cualedro de Ourense e Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga, Pontevedra.

Presentacion XPR 3

Presentacion XPR 3

Por mor da participación e dos viaxes das entidades amigas, os percorridos sufrirán modificacións co afán de manter uns itinerarios lixeiramente inferiores en percorrido.

Outra das novidades deste décimo aniversario virá dada pola exposición fotográfica dedicada a todos estes anos de roteiros: PRIMAVERA EN RUTA, OS PASOS DA HISTORIA. A mostra terá lugar a comezos do mes de xuño no andar-1 do Pazo da Cultura de Carballo.

A presentación desta X PRIMAVERA EN RUTA  sumouse tamén aos Xoves de Filme para impulsar de xeito decidido unha aposta pola dinamización continua do Espazo da Natureza de Oza, ademais das aldeas e corredoiras destas comarcas.

Todo isto unido á recente presentación de SEMENTANDO NO ESPAZO, proxectará unha intensa actividade e esforzo para Senda Nova durante esta nova etapa de primavera, con varias actividades por semana para un público diverso en diferentes accións.

A PRIMAVERA EN RUTA vai moito máis alá de Senda Nova, sendo un encaixe de esforzos que non nos cansamos de agradecer: Concellos, Entidades, persoairos, Protección Civil de Carballo e voluntariado de Senda Nova. Nesta edición , especialmente, agradecer ao Concello de Carballo, Concello da Laracha, Concello de Malpica de Bergantiños e Concello de Zas. Tamén a Protección Civil de Carballo, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Grupu Ecoloxísta Mavea, Non máis Lumes Cualedro, e Mancomunidade de Montes de Tameiga.

Por suposto a tod@s as Voluntari@s.

 

BRINDAMOS POLOS 10 ANOS!!

Presentacion XPR

Presentacion XPR

 

 

VAI A X PRIMAVERA EN RUTA. PASO A PASO

10º PRIMAVERA EN RUTA, INFORMACIÓN E MATERIAL GRÁFICO

  • O SON DO ANLLÓNS ( Bergantiños)

7 abril

Distancia aproximada    18 km

Dificultade media-baixa

  • RUTA DAS MÁMOAS ( Cabana de Bergantiños)

14 abril

Distancia aproximada   14 km

Dificultade baixa

  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA     (Zas)

 5 maio

Distancia aproximada      16km

Dificultade media-baixa

  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE

 ( Malpica de Bergantiños)

12 maio

Distancia aproximada  14 km

Dificultade baixa

  • A FORZA DO RÍO CHONIA   (Trazo)

19 maio

Distancia aproximada           20 km

Dificultade  media-baixa

  • CORISTANCO HISTÓRICO (Coristanco)

2 xuño

Distancia aproximada  18 km

Dificultade media

CAMIÑOS DE CAIÓN        (A Laracha)

9 xuño

Distancia aproximada      14 km

Dificultade baixa

  • RÍOS DE SOFÁN (Carballo)

16 xuño

Distancia aproximada  19 km.

Dificultade media-baixa

 

Roteiros da vida

Fai dez anos seis eran os roteiros que unían patrimonio. Puxémonos o obxectivo de dinamizalos para percorrelos unha vez ao ano. Para dar a coñecer a paisaxe, a cultura e o medio natural.

Dez anos despois son 15 os itinerarios deseñados coa mesma premisa, e dinamizados co mesmo obxectivo: COÑECER O PATRIMONIO MÁIS ACHEGADO, percorrendo cada ruta unha vez por ano.

COMEZAMOS?

 

  • Pasaremos a xornada do domingo xuntos, tamén na hora do bocata, que che repartiremos na saída. Chegamos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nos utilizámolo para aprender.
  • Non te preocupes do vehículo, o transporte recóllenos nas saídas establecidas no horario establecido e déixanos no mesmo lugar ao rematar a actividade.
  • Coñeceremos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
  • Camiñamos xuntos, en grupo.
  • Integrámonos nas dinámicas.

 

LEMBRA!!

            Necesitamos de toda a túa puntualidade.

  • Un calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable), roupa axeitada, pode facerche máis pracenteira a saída.
  • Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
  • Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, nalgunha das saídas, as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

INSCRIPCIÓNS

Lugares de inscripcións:

 Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

Museo de Bergantiños  Carballo                                              mércores, de 16:30  a 19:30h

 Espazo da Natureza de Oza                                          xoves e venres   de 17 a 20h.  

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 6 €    Menores de idade 3€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 1€

 

Lugares de saída: 

A Laracha: diante do concello          Carballo: rúa Venezuela

Malpica: diante do concello                Baio: parada de bus

Zas: diante do concello

 

MÁIS INFORMACION

 Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños  INFÓRMATE

www.sendanova.org

asociacion@sendanova.org       tf 611037617   

*10º PRIMAVERA EN RUTA: OS PASOS DA HISTORIA

Sala de exposicións do andar -1 do Pazo da Cultura de Carballo

do 30 de maio a 20 de xuño Horario de 17 a 21h.

 

*ENTIDADES CONVIDADAS DE FORA DA NOSA CONTORNA

Nesta 10º edición contaremos coa visita especial de varias entidades do exterior da nosa contorna e que traballan de diferentes xeitos a prol do patrimonio.

Sábados 20h. E. Natur. Oza:  Intercambio de experiencias entre colectivos (aberto ao público)

Domingos:  Participación das entidades nas diferentes andainas.

 

Grupu d´ornitoloxía Mavea            Asturies

 O excelente entorno da ría asturiana  de Avilés é o berce do Grupu d´ornitoloxía Mavea, con el unha xeira de apaixoadas persoas amantes da ornitoloxía, algunhas delas, coñecidas a nivel estatal e internacional. Dende o traballo coas aves acuáticas ata a flora e a fauna, pasando por diferentes centros de ensino e puntos da xeografía asturiana, a educación ambiental foi unha constante dende os inicios.

 

Mancomunidade de Montes Veciñais de Man común de Tameiga   Pontevedra

Na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga nace o Centro Social, Cultural, e Deportivo As Pedriñas, na parroquia de Tameiga, Concello de Mos (Pontevedra). O Territorio Cultural As Pedriñas conta con 25 anos e 35000m2 de zona verde e o centro con 1500m2 para o ocio e a cultura. Un centro para moito máis que as 350 familias comuneiras.

 

Non máis lumes no concello de Cualedro              Ourense

Non máis lumes no Concello de Cualedro é unha plataforma veciñal que nace tras o  grave incendio forestal que calcinou 3.500 hectáreas na Serra do Larouco. A primeira actuación foi, en colaboración coa AAVV de Lucenza,  recoller firmas para apoiar un manifesto en defensa da Serra do Larouco e esixir medidas para a súa recuperación.  Desde entón realizáronse varias actividades de recuperación ambiental, sensibilización, actividades con nenos como a celebración do día da árbore e actividades cos veciños portugueses, cos cales compartimos a Serra do Larouco.