A 11 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO XA RODA POLOS CAMIÑOS DA BISBARRA

 A 11 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO XA RODA POLOS CAMIÑOS DA BISBARRA

presentacion escola 22-23 2

presentacion escola 22-23 2

A 11 EDICIÓN DA ESCOLA AMBIENTAL SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO XA RODA POLOS CAMIÑOS DA BISBARRA

presentacion escola 22-23

presentacion escola 22-23

25 familias déronse cita o pasado sábado ás 12 da mañá para dar a benvida a outra edición máis da ESCOLA AMBIENTAL. Nenos e nenas de diferentes centros de ensino de Carballo xuntáronse en Oza con membros de Senda Nova e tamén con Miguel Vales ( Concelleiro de Medio Ambiente  para recibir a cando a pais e nais a unha nova xeira de actividades a prol do aprendizaxe no medio. Desta volta a Escola Ambiental e os máis novos volven a ter protagonismo nas actividades da asociación a través do proxecto máis ambicioso da mesma e coa colaboración do Concello de Carballo.

A clásica presentación xuntou a veciñanza para encher o ENO nunha mañá de choiva que deixou pouca tregua para poder sacar a tradicional foto de grupo con todxs xs participantes.

A partires de agora, a rapazada anotada terá sesións semanais todos os sábados. Motas delas dende o propio ENO e outras, con formato excursión, dende os lugares de maior interese ambiental da bisbarra. O proxecto alongarase ata entrado o verán despois de ter máis de 20 sesións de aprendizaxe onde tamén destacarán as saídas ao medio, as pernoctas ao aire libre, os obradoiros de pegadas ou mesmo a horta ecolóxica.
Toda a vez que aínda non chegamos coa difusión en todos os centros de ensino de Carballo, os apuntamentos seguen abertos para a rapazada de 3º a 6º de primaria dos centros carballeses.

Máis info sobre a ESCOLA AMBIENTAL AQUI

presentacion escola 22-23 3

presentacion escola 22-23 3