A 17 Primavera en Ruta bótase a andar revindicando os antigos camiños

A 17 Primavera en Ruta bótase a andar revindicando os antigos camiños

17 Primavera en Ruta Presentación 3

17 Primavera en Ruta Presentación 3

17 Primavera en Ruta Presentación 2

17 Primavera en Ruta Presentación 2 Representantes dos concellos colaboradores, de Senda Nova e de Enxeñería sen Fronteiras.

17 Primavera en Ruta Presentación

17 Primavera en Ruta Presentación

Máis de 60 persoas iniciaron dende o Espazo da Natureza de Oza unha  17 Primavera en Ruta nun acto onde foi protagonista a rapazada da Escola Ambiental, e que se converteu tamén nunha xornada de portas abertas onde os propios nenos e nenas difundiron aos asistentes as actividades que realizan. Ao acto asistiron representantes dos concellos colaboradores de Carballo, A Laracha e Malpica de Bergantiños, así como membros de Enxeñería sen Fronteiras, socios e socias de Senda Nova, familiares de alinado da Escola Ambiental e público en xeral.

A 17 edición ten como obxectivo sensibilizar sobre as antigas corredoiras e tamén sobre a lama nos camiños, en contraposición ao chan de asfalto, formigón e zahorra.

Este ano, como homenaxe a este xeito de entender o proxecto, facilitamos e impulsamos a participación dunha boa xeira de entidades, que se achegarán dende o ámbito local a participar nas andainas polas súa parroquia e concello. É o caso do Colectivo Veciñal de Brenlla e Ferreira de Coristanco, a A. V. de Aldemunde de Arriba ou a entidade Veciños polo Rural de Cerceda. Tamén participa a Asociación Verdegaia, así como a Escola Oficial de Idiomas de Carballo, incluso colectivos de fora de Galicia, como Bierzo Aire Limpio.

Ademais destas entidades é importante a axuda en difusión e coordinación a Escola Oficial de Idiomas de Carballo que, xunto coa labor de Protección Civil de Carballo, apoian cun importante esforzo.

Coma sempre é vital o apoio dos concellos. Deste xeito, o Concello de Carballo, o Concello da Laracha e o Concello de Malpica de Bergantiños apoian o proxecto e facilitan lugares de apuntamento e saídas dende os diferentes territorios para cada unha das rutas. A estes concellos tamén se suma o Concello de Zas e o Concello de Trazo.

Todas estas novidades conviven con vellos obxectivos: o que nos uniu fai 17 anos para coincidir en percorrer de xeito periódico o patrimonio de todas as andainas que deseñamos. Polo menos unha vez ao ano. Deste xeito a Primavera en Ruta renovase en esforzo dende a base de obxectivos fixos e claros e que formulan unha diagnose do territorio, ao percorrelo de xeito regular, e visitando de xeito interpretativo os lugares máis interesantes das parroquias que visitamos.

Dende aquí e ademais de todas as entidades participantes e colaboradoras, queremos agradecer o gran esforzo dos grupos colaborativos de Senda Nova, grazas aos cales os proxectos fanse maiores.

Aquí vai o desenvolvemento do proxecto:

Podes descargar o material gráfico ao final

 

100 QUILÓMETROS PARA COÑECER

Paisaxe de Lama (especial mención á importancia das corredoiras antigas de lama)

  • Ruta 1. O SON DO ANLLÓNS   (Carballo, Coristanco)

Espazo Rede Natura

19 abril

Distancia aproximada    16 km

Dificultade baixa

  • Ruta 2. CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Cerceda, Carballo, Tordoia)

O bosque Atlántico

26 abril

Distancia aproximada  7 km

Dificultade baixa

  • Ruta 3 COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE (Malpica de Bergantiños)

Patrimonio e paisaxe

3 maio

Distancia aproximada           15 km

Dificultade  media-baixa

  • Ruta 4 RUTA DAS MÁMOAS       (Cabana de Bergantiños)

                  Segredos do interior de Cabana de Bergantiños

10  maio

Distancia aproximada   14 km

Dificultade baixa

  • Ruta 5 CORISTANCO HISTÓRICO  (Coristanco)                                                                          

Patrimonio de noso

17  maio

Distancia aproximada  16 km

Dificultade media

  • Ruta 6 FORZA DO RÍO CHONIA (Trazo)

Patrimonio en terra gandeira

24 maio

Distancia aproximada  16 km

Dificultade baixa

  • Ruta 7 CAMIÑOS DE CAIÓN  (A Laracha, Carballo)

A paisaxe debuxada

31 maio

Distancia aproximada      14 km

Dificultade baixa

  • Ruta 8 TERRAS ALTAS DE SONEIRA   (Zas)

A comarca dende o alto

7 xuño

Distancia aproximada      16km

Dificultade media-baixa

 

COMO SE REALIZAN AS ACTIVIDADES

  • Son actividades de xornada completa. As andainas rematarán entre as 15 e as 18:30 horas dependendo do itinerario
  • Temos como principal obxectivo o aprendizaxe en cada punto.
  • Dende a organización encargámonos de recollerte no transporte nos lugares habilitados e devolverte ao mesmo lugar.
  • Camiñamos sempre en grupo, aportando coñecemento. Facendo amizade.
  • Os roteiros foron deseñados para pasar por lugares de interese cultural, natural e paisaxístico. Para poñer en valor o noso patrimonio e para escapar do asfalto.
  • Integrámonos nas dinámicas.

NON TE ESQUEZAS

  Puntualidade sempre

  • O teu avituallamento e a auga
  • Calzado e roupa axeitada. Haberá lama seguro!
  • Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
  • Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno, as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.

INSCRIPCIÓNS          

Lugares de inscripcións:

 Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      Luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Casa da Cultura                                                                  Luns a venres   de 9:30 a 13:30h

Casa do Concello de Malpica de Bergantiños

Oficinas xerais                                                                 Luns a venres 9:30 a 13:30h

 

Espazo da Natureza de Oza                                              Xoves e venres   de 17 a 20h. 


Escola de idiomas de Carballo

Pazo da Cultura 1º andar                                              Martes 18 a 20h.

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 8 €    Menores de idade 6€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 4€

 

 

Lugares de saída: 

A Laracha: Diante do concello    Carballo: Centro Comercial Bergantiños

Malpica: Centro cívico                Zas: Diante do concello

Leiloio: Bar a Cunca                    Trazo: Iglesia de Restande

 

 

MÁIS INFORMACION

 Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

tf 611037617   

           

HORARIOS DE SAÍDA

RUTAS Malpica Leiloio A Laracha Carballo Zas Trazo
1 Son do Anllóns 8:55 9:05 9:00 9.15
2 Camiños de Aldemunde 8:55 9:05 9:00 9:15
3 C. Agreste de Cerqueda e Cambre 9:35 9:30 9:00 9:15
4 Ruta das Mámoas 8:55 9:05 9:00 9:15
5 Coristanco Histórico 8:55 9:05 9:00 9:15
6 Forza do Río Chonia 8:55 9:05 9:00 9:15 10:00
6 Camiños de Caión 8:55 9:05 9:30 9:15
7 Terras altas de Soneira 8:55 9:05 9:00 9.15 9:45

 

Camiñamos con:

Verdegaia: Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega Naceu 2 de Abril de 2006 co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz.

 

Bierzo Aire Limpio : Dende o ano 2008, a entidade ven traballado a prol de que a comerca do Bierzo non se convirta en destino de empresas contaminantes que perxudiquen a saúde dos seus habitantes, tratando de impulsar un modelo de desenvolvemento respetuoso cos recursos naturais.

 

Colectivo Veciñal de Brenlla e Ferreira : A  unión veciñal nace a través da loita dos habitantes destes dous lugares contra a colocación dunha antena de telefonía. A mobilización e a posta en valor do patrimonio son algunhas das señas de identidade.

 

Veciños polo Rural : Colectivo que nace en Cerceda para protexer a contorna das amenazas ambientais como polígonos eólicos, liñas de alta tensión…etc. É salientable o seu dinamismo e mobilización.

A. V Aldemunde de Arriba  : Entidade veciñal da parroquia carballesa que se forma para o traballo comunitario a prol de bens básicos como a auga. Ven de colaborar con colectivos en defensa da parroquia.

 

Escola oficial de Idiomas de Carballo:  Entidade radicada en Carballo e apegada ao tecido asociativo bergantiñá a través de diferentes actividades extraescolares.

 

Descarga AQUI O cartel en PDF
Descarga AQUI o tríptico en PDF

Cartel 17 Primavera en Ruta

Cartel 17 Primavera en Ruta

Triptico 1 17 Primavera en Ruta

Triptico 1 17 Primavera en Ruta

Triptico 2 17 Primavera en Ruta

Triptico 2 17 Primavera en Ruta