A 8º PRIMAVERA EN RUTA en accción

A 8º PRIMAVERA EN RUTA en accción

cartel 8 pr

cartel 8 pr

Presentación Oza 8 pr

Presentación Oza 8 pr

presentacion paiosaco 2

presentacion paiosaco

presentacion paiosaco

presentación 8 pr. Zas 3

presentación 8 pr. Zas 3

presentación 8 pr zas

presentación 8 pr zas

presentación 8 pr. Zas 2

presentación 8 pr. Zas 2

 

O SON DO ANLLÓNS, para o vindeiro día 2 de abril, será a primeira das andainas desta 8º edición do programa máis antigo da asociación. Desta volta, o programa terá unha novidade, que virá a homenaxear a Pondal en colaboración coa Fundación Pondal.

Os obxectivos da programación veñen de vello. Segue sendo premisa o coñecemento do entorno para achegarse á protección do mesmo. Deste xeito, as actividades teñen un carácter interpretativo dos puntos de interese ambiental, cultural e paisaxístico que se delimitan no deseño previo dos itinerarios.

Escapar do asfalto, camiñar por antigas corredoiras en grupo e facelo cun volume axeitado para os obxectivos do proxecto, son outras das ideas desta xeira de 9 andainas que comeza o día 2 de abril e que remata entrado xuño con só o descanso do domingo de semana santa. Voltar aos lugares de interese sirve tamén para verificar o seu estado e, despois de oito anos de andainas, facer un análise da progresión ou non, dos lugares por onde camiñamos.

Como sempre, o encaixe de bolillos destas actividades exténdese a concellos, protección civil, persoeiros e voluntarias e voluntarios de Senda Nova, que compoñen o groso do esforzo organizativo dunha actividade con nove domingos de acción.

O balance positivo do programa ven dado por varios factores, entre eles o chegar a unha oitava edición con máis propostas que nunca e cunha difusión que leva as presentacións a diferentes puntos de Bergantiños e Soneira. O centro sociocultural de Paiosaco ou o Centro sociocultural de Zas son outros dos lugares nos que se presentou o proxecto. por motivos de disponibilidade do local, queda cancelada a presentación da Coruña.

Tamén hai accións en diferentes centros de secundaria da bisbarra, intentando informar, difundir e animar á mocidade de Bergantiños e Soneira nestas actividades de achegamento ao patrimonio

Son diferentes os puntos de inscrición, vertebrados polas comarcas de Bergantiños e Soneira. Tamén son varios os lugares de saída dos transportes dos participantes.

Aquí podedes ver a información precisa:

cartel 8 pr

cartel 8 pr

triptico 1 8 pr

triptico 1 8 pr

triptico 2 8 pr

triptico 2 8 pr

Presentación Oza 8 pr 3

Presentación Oza 8 pr 3

 

  • O SON DO ANLLÓNS ( Bergantiños)

2 abril

Distancia aproximada    21 km

Dificultade media-baixa

  • CORISTANCO HISTÓRICO ( Coristanco)

9 abril

Distancia aproximada  21 km

Dificultade media

  • A FORZA DO RÍO CHONIA   ( Trazo)

23 abril

Distancia aproximada           22 km

Dificultade  media

  • RUTA DAS MÁMOAS ( Cabana de Bergantiños)

30 abril

Distancia aproximada   16 km

Dificultade media-baixa

  • TERRAS ALTAS DE SONEIRA     (Zas)

 ( duas variantes, apta para cadeiras de rodas)

 

7 maio

Distancia aproximada      19km

Dificultade media

  • COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE

 ( Malpica de Bergantiños)

14 abril

Distancia aproximada  17 km

Dificultade media-baixa

CAMIÑOS DE CAIÓN        (A Laracha)

21 maio

Distancia aproximada      15 km

Dificultade media-baixa

RUTA HOMENAXE A PONDAL (Bergantiños)

28 maio

Distancia aproximada 13 km.

Dificultade Baixa

  • RÍOS DE SOFÁN ( Carballo)

4 xuño

Distancia aproximada  22 km.

Dificultade media

 

QUE PRETENDEMOS?

 

Que camiñes fora do asfalto por antigas corredoiras. Pises a lama e coñezas o patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico a través das paradas interpretativas.

 

Que aportes o teu espírito de convicencia e os teu coñecementos.

Aprender a protexer o entorno.

 

 

POR ISO

 

  • Todos os roteiros serán de xornada completa, comendo xuntos o bocata que nos mesmos che repartimos ao comezo da ruta A hora de chegada dependerá do volume de xente, das características de deseño do roteiro, da interpretación do mesmo…etc.
  • Nos encargamos do transporte dos participantes dende os lugares de saída ata os sitios de comezo da marcha e de volta ós mesmos sitios despois do remate de cada actividade.
  • Con paradas para a interpretación do patrimonio, a paisaxe…etc… e para un mellor desenvolvemento da actividade deportiva sendeirista.
  • Camiñamos en grupo.
  • Aportamos, escoitamos e aprendemos con Evaristo.
  • Realizamos dinámicas de grupo.

 

LEMBRA SEMPRE

 

            Puntualidade

  • Calzado axeitado ( a poder ser con membrana impermeable, pode haber lama), roupa axeitada, mochila, impermeable, navalla, gorra, protección solar, cámara de fotos…etc.
  • Que para unha mellor interpretación dos percorridos e polo coidado do entorno, nalgúns roteiros as prazas poden ser limitadas.
  • Que as actividades poden sufrir modificacións.

 

 

 

INSCRIPCIÓNS

 

Lugares de inscripcións:

 

Base de Protección Civil de Carballo.

Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar                      luns a venres  de 9:30 a 13:30h

 

Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha

Praza do Concello s/n  2º andar                                        luns a venres   de 9:30 a 13:30h

 

Centro sociocultural de Zas:                                            luns a venres de 9:30 a 13:30h

 

Centro sociocultural de Baio:                                          mércores, xoves e venres de 17 a 20h

 

Pazo da Cultura de  Carballo                                              mércores, de 17 a 20h

 

Espazo da Natureza de Oza                                          xoves e venres   de 17 a 20h.  

 

 

 

Data límite de inscripción:

Ata 2 días antes de cada roteiro

 

Prezos:

Non soci@s:  Maiores de idade: 6 €    Menores de idade 3€

Soci@s: Maiores de idade 6€            Menores de idade 1€

 

 

Lugares de saída:

 

Paiosaco: parada de bus

A Laracha: diante do concello

Carballo: rúa Venezuela

Malpica: diante do concello

Ponteceso: casa de Pondal

A Agualada: quiosco

Baio: parada de bus

Zas: diante do concello

 

MÁIS INFORMACION

 

Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE

www.sendanova.org

sendanova@hotmail.com

tf 696155232