A Apalpador pecha o programa ESPIAS NO BOSQUE dende Carreira

A Apalpador pecha o programa ESPIAS NO BOSQUE dende Carreira

Apalpador Carreira 2024 2

Apalpador Carreira 2024 2

BAIXADA DO APALPADOR

A edición do 2025 do programa ESPIAS NO BOSQUE financiado pola Deputación da Coruña, pecharase mañá sábado día 27 de decembro dende a aldea de Carreira-Zas.

Todo está preparado na aldea enxebre do concello de Zas para recibir ao carboeiro do Courel. O Apalpador descenderá dende as montañas de Pico de Meda acompañado da súa comitiva ao rematar a tarde e recibirá aos nenos e nenas de Zas e concellos de arredor na lareira do local da Asociación de Veciños o Santiaguiño de Carreira que, como o Cooncello de Zas, colaboran na iniciativa. A tarde estará amenizada polo Grupo de gaitas Churía.

O carboeiro do Courel traerá sorpresas para os nenos e nenas ademais de mensaxe de protección e respecto pola natureza. O Apalpador ten un coñecemento moi grande do medio natural ao vivir nun entorno rural con amplos bosques autóctonos. Coñece coma ninguén os animais do bosque es plantas autóctonas que dan vida aos espazos naturais do Courel.

OBRADOIROS

A tarde de actividades comezará ás 17h na taberna da asociación de veciños, onde se impartirán para os máis pequenos, obradoiros de coñecemento da natureza. A rapazada poderá asistir ás actividades sen apuntamento previo e poder aprender sobre pegadas ou indicios dos animais do bosque.

VISITA GUIADA Á ALDEA E MUSEO DO LIÑO

Paralelamente aos obradoiros teremos tamén unha visita guiada pola propia aldea de Carreira, aprendendo sobre etnografía e arquitectura desta zona da Costa da Morte. A visita será guiada por membros da Asociación de veciños e rematará no propio Museo do Liño de Carreira, propiedade da entidade veciñal. O percorrido polo recinto será un periplo polo proceso de elaboración das prendas de liño dende a propia semente da planta, incluindo cada un dos procesos ancestrais que daban como resultado a elaboración do fio, materia principal dos antigos teares.

ESPIAS NO BOSQUE 2025, UN ANO CHEO DE ACTIVIDADES

ESPIAS NO BOSQUE remata o ano con máis público de todos. Case 50 charlas nos centros de ensino levaron as intervención aula por aula a unha presa de centros de ensino de Bergantiños, Soneira e a Coruña. Máis dunha ducia de obradoiros e saídas para a interpretación da contorna profundizaron en actividades con contidos máis específicos a través de obradoiros de coñecemento das árbores, obradoiros de caixas niño ou intervencións para o coñecemento das pegadas e indicios dos mamíferos autóctonos.

Todas estas actividades realizáronse en diferentes espazos das comarcas da Costa da Morte, tendo como destinatarios colectivos específicos como entidades ambientais, culturais ou veciñais así como centros de ensino de infantíl, primaria e secundaria