A CARÓN DA CALOR. COMEZA O 5º INVERNO ANCESTRAL

A CARÓN DA CALOR. COMEZA O 5º INVERNO ANCESTRAL

magosto presentación V Inverno Ancestral

magosto presentación V Inverno Ancestral

O Espazo da Natureza de Oza acolleu a 5º edición do programa de inverno da asociación. O 5º Inverno Ancestral suma dende o núcleo do patrimonio inmaterial para desenvolver case 20 actividades entre os meses de decembro, xaneiro e febreiro.

+condimentada coas costumes galegas de todos os encontros deste tipo.  Unha mesa, algo de comer e beber, un pouco de música e todo listo para recibir co mellor dos sorrisos a vindeira proposta de actividades que mira, coma sempre, de xeito descarado, ao noso patrimonio rural, deste xeito, á parte inmaterial do mesmo.

Cociñaron a presentación varios integrantes de Senda Nova, aos que se sumou Adrián Eirís, membro da Plataforma en Defensa de Monte Neme.  O conxunto de entidades representado por Adrián é a referencia do futuro de Monte Neme a través do traballo colaborativo de entidades que compartimos un mesmo espazo xeográfico. Ademais, tamén colaboran neste programa de inverno produtores e directores que apoian coas súas propostas audiovisuais. O  Centro Galego das artes da Imaxe ou o Concello de Carballo ( representado no acto por Miguel Vales, concelleiro de medioambiente) tamén axudan co programa.

O mesmo Adrián e Ángela Cambón ( secretaria da asociación) expuxeron, un por un, cada un dos documentais que se proxectarán no Espazo da Natureza de Oza os vindeiros meses. Como nexo común:  a natureza e o patrimonio, con máis énfase o máis achegado. Serán nove proxeccións que se celebrarán ás 19 h dende o mencionado lugar, e que virán a continuar a xeira comezada en outono. Os Xoves de Filmes levarán ao local de Senda Nova a dinamización a través de interesantes propostas como O Tesouro de Corcoesto, Area nos Ollos, Tramalume, As Encrobas: a ceo aberto…

As Historias de Inverno quizá sexa do máis representativo que o programa de inverno levou a cabo durante estes nos. Tamén terán representación desta volta . Eva Cameán, tesoureira da asociación citou Andoio ( Tordoia), Sofán ( Carballo) e Corme ( Ponteceso) como os destinos principais dos faladoiros rurais que, por cuarto ano, desenvolven o mellor da  historia local dende a experiencia dos nosos maiores.  Outros faladoiros como as “ Historias de Chechenia”  transportarannos en espazo máis que en tempo.  A “viaxe aos montes de Asturies” terá a visión dos propios nenos da Escola Ambiental. Dende as verbas deses nenos, escoitaremos a aventura de dous rapaces de Bergantiños que se transportan ao Alto Nalón asturiano para vivir en primeira persoa e en pleno contacto coa natureza, a época en celo dos cervos. Así nolo explicaron o propio Ramón e o propio Marcos

O Apalpador, outra das figuras do noso inverno, tamén terá cabida na programación de Senda Nova. Dani Castro, un deses rapaces que mostran o mellor da canteria da asociación, foi o encargado de presentar a actividade que, este mesmo mércores día 20 ás 19h.,  terá lugar na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo. O carboeiro do Courel chegará para escoitar as peticións dos nenos e nenas de Bergantiños.

Por último, Manuel Galán, exparticipante tamén da Escola Ambiental, citou a data do 29 de decembro como a da tradicional cea de confraternización da entidade. Para todos os socios, amigos ou simpatizantes da mesma. Será como todos os anos, despois da asemblea anual de socios e socias.

Agradecer a lembranza de axuda permanente da Óptica Gallaecia e o esforzo de todos e todas os voluntarios e voluntarias da asociación para sacar adiante estes programas e a dinamización do Espazo da Natureza. Ímonos lembrar hoxe de Fátima Cambón, que fixo que o seu traballo coas cestas de nadal que fabricou e sorteamos, servira para que as mesmas foran o centro de atención. Están as fotos para ver as galletas. Que a ninguén se lle ocurra comelas que é pena!!

E , deste xeito, o 5º Inverno Ancestral botou a andar cun epicentro especial que xa é tradición en Senda Nova. O lume voltou ser o eixe da festa de benvida. Ese lume que dará a enerxía necesaria para abordar un programa cheo de actividade. Uns meses cheos de propostas recollidas á carón da calor.

 

Aló imos.

descargar aquí cartel en pdf cartel V Inverno Ancestral

cartel V Inverno Ancestral 1

cartel V Inverno Ancestral 1

magosto presentación V Inverno

 

magosto presentación V Inverno 1

magosto presentación V Inverno 1

 

Magosto Presentación 5º Inverno Ancestral

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank