9º Inverno Ancestral Cosme Damián 2
Cosme Damián Romay pechou a xeira de Conversas do Rural e tamén o 9º INVERNO ANCESTRAL.
9º Inverno Ancestral Cosme Damián
A intervención do biólogo do G. N. Hábitat deixou en evidencia a eucaliptización do chan galego a través de estudados argumentos sobre as características da especie. A reprodución despois dos incendios, o consumo de auga ou o a capacidade das plantas para favorecer os incendios máis virulentos foron algunhas das problemáticas que afectan a lugares con forte presenza de eucaliptos como as nosas comarcas.
Isto unido a dispersión xeográfica fai que esteamos diante dun problema social a maiores dos problemas ambientais ou que teñen que ver coa protección do patrimonio castrexo ou megalítico.
O balance do conxunto de Conversas do Rural deste 9 INVERNO ANCESTRAL foi moi positivo, con case un cento de participacións e convidados variados que nos levaron a aprender sobre a colleita de castaña e a plantación de castiñeiros, o coñecemento da labor en defensa do medio de entidades como Conxo Aberto, achegarnos á agricultura e gandeiría de mediados de século pasado ou coñecer máis sobre as nosas brañas.
Ademáis desta xeira de faladoiros, o programa invernal estivo tamén composto por unha actividade que revolucionou o nadal en Senda Nova: o recibimento ao Apalpador dende a pequena aldea de Carreira. A xeira de actividades mudou o lugar e cambiouno de tempo a través de actividades diversas e a acollida dunha comitiva do Apalpador espectacular.
Os obradoiros de pegadas na Ribeira da Pena e o a celebración do Día Internacional das zonas Húmidas dende o Esteiro do Anllóns completaron unha programación de inverno que superou os dous centos de participantes no conxunto de actividades.