A Primavera en Ruta segue a cumprir obxectivos un ano máis

A Primavera en Ruta segue a cumprir obxectivos un ano máis

XIII PR Camiños de Aldemunde

XIII PR Camiños de Aldemunde

 

Fai uns días puxemos punto e final a outra edición máis do programa máis antigo de Senda Nova. A Primavera en Ruta superou a edición número 13 no seu calendario cumprindo obxectivos de participación, diagnose do territorio e tamén coñecemento do mesmo.

Volveuse a facer a través dos clásicos percorridos, deseñados para tal efecto, que apuntan a paradas para o coñecemento do entorno paisaxístico, cultural e ecolóxico dun total dunha decena de concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes.

Os oito percorridos foron capaces de chegar a case 200 paradas establecidas para a interpretación, entre as que destacaron vestixios castrexos ou megalíticos. Tamén pontes antigas, pazos ou mesmo patrimonio relixioso. Entre os lugares de interese etnográfico destacaron batáns ou muíños, sendo as rutas de costa as máis destacadas a nivel paisaxístico.

 

A pesares da climatoloxía adversa en moitas das datas de andaina, foron máis de dous centos de participacións, entre as que destacaron as chegadas a través de centros de ensino, que tomaron as actividades como accións de aprendizaxe da contorna.

Camiños de Aldemunde, O Son do Anllóns, Coristanco Histórico, Terras altas de Soneira, Ruta das Mámoas, Camiños de Caión, Forza do Río Chonia ou Costa agreste de Cerqueda e Cambre foron o nome dos itinerarios, o marco perfecto a outra primavera de aprendizaxe que se conseguiu tamén a través dos persoeiros que nos aportaron en cada unha das andainas, ademais dos propios guías da entidade.

Agradecer a todxs xs participantes polo esforzo físico e de aportación de contidos e tamén a cantas persoas das aldeas nos ofreceron axuda.
Moitas grazas ao voluntariado de Senda Nova e tamén aos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas por toda a colaboración.
Por suposto e coma tantas veces, a A V Protección Civil de Carballo.

XIII PR Terras altas Soneira

XIII PR Terras altas Soneira

XIII PR Son do Anllóns 2

XIII PR Son do Anllóns 2

XIII PR Son do Anllóns

XIII PR Son do Anllóns

 

Máis fotos: https://www.flickr.com/photos/39934841@N05/albums/