Unhas 20 persoas se deron cita para asistir ao primeiro dos Obradoiro de pegadas e indicios que se realiza dentro do programa EU QUERO RAZO BALDAIO organizado polo Concello de Carballo.
Nas dúas sesións nas que se dividiu a actividade leváronse a cabo diferentes módulos para un achegamento máis axeitado aos obxectivos agardados.
A actividade tivo un carácter familiar e de achegamento aos grandes tipos de pegadas e de familiarización cos indicios dos mamíferos de maior tamaño que podemos atopar nos nosos ecosistemas.
Dende a parte de aula do primeiro día ata a segunda xornada levada a cabo no medio natural, a resposta das persoas participantes foi moi boa e puidemos visualizar diferentes tipos de pegadas e indicios.
Salientable foi para todos atoparse con letrinas de porco teixo, mesmo con teixoeiras. Tamén fomos capaces de distinguir diversos pasos de fauna, plumas de diferentes aves como o gaio ou excrementos de raposo. As pegadas de ungulados representáronse coas de porco bravo.
Moi contentos co volume de participación e coa predisposición das persoas apuntadas. Unhas xornadas de aprendizaxe polo medio natural da zona. Desexando que chegue o 2º dos Obradoiros de pegadas para poder de novo compartir estas mañás de contidos.
Grazas a tod@s!!