As mochilas limpas, as botas con crema e o impermeable listo. Todo a punto para que este domingo se inicie a 12º edición da PRIMAVERA EN RUTA, o programa máis antigo da asociación, que este ano pretende chegar ás 8 andainas.
OBXECTIVOS
Sen dúbida, o máis preparado por parte de Senda Nova e camiñantes é o espírito de coñecemento e de posta en valor do noso entorno. Case 200 paradas ben definidas nos agardan dentro dun programa que percorrerá as comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes, para sacar á luz e coñecer moito do patrimonio máis importante da bisbarra. Coma sempre, farase a través deses marcos establecidos, eses deseños de itinerarios que non son outros que traballos previos de investigación da propia asociación, principalmente a través do esforzo de Evaristo Domínguez Rial e Jose M. Menéndez Varela.
O agarimo a eses traballos e eses puntos interpretativos ven dado na procura desa dinamización dos mesmos a través de programas como este que ve a luz.
SUMA DE ESFORZOS
A 12 PRIMAVERA EN RUTA é, coma outras, un cúmulo de esforzos. A implicación do Concello de Carballo, do Concello da Laracha, do Concello de Coristanco, do Concello de Malpica de Bergantiños e o Concello de Zas únese a labor de Protección Civil de Carballo e do voluntariado de Senda Nova. Unha ensalada de mans para elaborar un calendario fará chispa cada domingo dende agora ata mediado o mes de xuño. Oito domingos para a aprendizaxe.
COMO SE REALIZA
Os esforzos dóbranse dentro deste contexto de restricións, polo que as actividades sufrirán modificacións en canto a número total de participantes e xeito de realizacións dos eventos. Tamén se poden pospoñer andainas, incluso cancelacións, polo que se intentará nese caso, informar coa maior brevidade.
Aínda así, adoptando as medidas de seguridade pertinentes, entendemos estas actividades no medio natural como eventos seguros. Sen dúbida e máis nestas circunstancias, como moi beneficiosas para a saúde física e mental.
É obrigado o uso de máscara e o respecto das indicacións dos guías.
Ademais:
Pasamos a xornada do domingo xuntos. Comemos o bocata en ruta. Chegamos cando rematemos, porque o tempo é de balde e nos utilizámolo para aprender.
Coñecemos mellor o noso entorno, porque paramos para aprender. Para ofrecer os nosos coñecementos e para escoitar aos que aportan.
Non te preocupes do vehículo, o transporte recóllenos nas saídas establecidas no horario establecido e déixanos no mesmo lugar ao rematar a actividade.
Camiñamos en grupo ou grupos, mantendo as medidas de seguridade.
LEMBRA
* Necesitamos de toda a túa puntualidade.
Nunca deixes a mochila, un impermeable, navalla, gorra, protección solar e…a cámara de fotos!
Sentimos que nalgunhas saídas e, para un mellor desenvolvemento da actividade, cumprir obxectivo e coidado do entorno ou cumprir coas restricións establecidas, as prazas poden ser limitadas.
Que as actividades poden sufrir modificacións.
Descarga AQUÍ o cartel
Descarga AQUÍ tríptico
CALENDARIO DE ANDAINAS
O patrimonio ecolóxico dos nosos ríos dende o corazón de Bergantiños
18 abril Distancia aproximada 20 km Dificultade media-baixa
Os segredos do bosque atlántico da Ribeira da Pena
25 abril Distancia aprox: 7 km Dificultade moi baixa
O latexo da historia dende as corredoiras.
2 maio Distancia aproximada 18 km Dificultade media
A máxia dos petróglifos e megalitos
9 maio Distancia aproximada 14 km Dificultade baixa
( Malpica de Bergantiños)
Segredos xeolóxicos dende a caprichosa paisaxe malpicá
23 maio Distancia aproximada 14 km Dificultade baixa
Descubrindo muíños e batáns escondidos.
30 maio Distancia aproximada 20 km Dificultade media-baixa
Os máis amplos horizontes cara o mar dende os mellores altares
6 xuño Distancia aproximada 14 km Dificultade baixa
Soneira dende os balcóns salvaxes de Pico de Meda.
13 xuño Distancia aproximada 16km Dificultade media-baixa
INSCRIPCIÓNS
Lugares de inscripcións:
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco
Edificio de usus múltiples 21º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Espazo da Natureza de Oza mércores, xoves e venres de 17 a 20h.
Data límite de inscripción:
Ata 2 días antes de cada roteiro
Prezos:
Non soci@s: Maiores de idade: 6 € Menores de idade 3€
Soci@s: Maiores de idade 3€ Menores de idade 1€
Lugares de saída:
A Laracha: diante do concello Carballo: rúa Venezuela
Malpica: diante do concello
Coristanco: diante do concello
Zas: diante do concello