O inverno está aquí, e con él chega a mellor época do ano para traballar, preparar e aboar a terra de cara a unha nova tempada.
Por iso dende Senda Nova iniciamos de novo o ciclo natural da horta e voltamos a abrir o prazo de inscripción para participar na nosa horta comunitaria “Sementando no Espazo” , un proxecto que leva 1 ano en marcha e que continua sumando iniciativas e participantes. Deste xeito poderás dende xa, unirte a él e comezar a preparar a túa parcela para poder tela lista canto antes e comezar a plantar os teus propios cultivos. Polo que se estás interesadx en ter unha cesión dun pequeno anaco de terra (exterior e en invernadoiro) para cultivar os teus alimentos, e para aprender co/do resto de participantes, este é o momento de poñerte en contacto con nós.
Lembra que hai prazas limitadas e que tes até o 25 de febreiro para apuntarte e para comezar a formar parte do grupo de participantes de Semendado no Espazo.
Se fas click aquí podes atopar máis información sobre o proxecto, e se tes algunha pregunta non dubides en facérnola chegar a través das canles habituais (whatsapp, tlf, Facebook ou email).
Esperámoste!