Abertos os apuntamentos para a 13 edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO

Abertos os apuntamentos para a 13 edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA-CONCELLO DE CARBALLO

13 Escola Ambiental Senda Nova

13 Escola Ambiental Senda Nova

A 13 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo quence motores á espera da presentación o vindeiro sábado día 23 de novembro.

A rapazada do concello de Carballo que curse entre terceiro e sexto de primaria ten a oportunidade de desfrutar dunha actividade semanal de achegamento ao patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da contorna a través de  excursións e tamén actividades no Espazo da Natureza de Oza, onde os participantes dispoñen de biblioteca, aula formativa e tamén unha horta con invernadoiro, onde cultivar de xeito ecolóxico os seus productos.

A Escola celébrase os sábados en horario de mañá, de 10 a 13h, principalmente nas instalacións de Oza, aínda que tamén contan con excursións a diferentes puntos de interese, principalmente da comarca. O proxecto conta cunha sesión semanal dende novembro a xullo.

O custo da Escola para as familias é unicamente o da matrícula: 30€.

As prazas son limitadas polo que os participantes que queiran asistir serán incluídos por orde de inscrición.

Para poder facer a preinscrición a este proxecto debedes de anotarvos entre o día 11 e o día 20 na Libraría Clarión de Carballo. Na rúa Valle Inclán da capital bergantiñá.

Máis info   sendanova@hotmail.com    611037617

PRESENTACIÓN
O sábado 23 será a posta de longo da edición número 13 da Escola Ambiental. Ás 12 da mañá será a presentación con pais, nais e participantes novos aos que acompañará persoal do Concello de Carballo, colaborador no proxecto, e tamén socios e socias de Senda Nova.

Despois da presentación terá lugar unha comida ao que seguirá un magosto.
Ambalas dúas accións están abertas a todo o mundo, tendo que anotarse só para a comida magosto ata o día 20, enviando watxaap ao 611037617.

Prezo da comida magosto 12€     10€ socixs e menores