Abrindo Camiño, de lembranza: A chamada salvaxe

Abrindo Camiño, de lembranza: A chamada salvaxe

Berrea 2016

Berrea 2016

SENTINDO A NATUREZA

Na exposición de ABRINDO CAMIÑO destacaba un grande apartado dedicado ás actividades de maior achegamento ao medio natural. Unha carpa de uso común, fotografía de actividades, prensa, etc e tamén material antigo (40 anos) de achegamento ao medio, contrapoñendoo aos equipos actuais de estancia en entornos naturais.

Aniversario Senda Nova (obradoiro berrea)

Aniversario Senda Nova (obradoiro berrea)

A parte expositiva serviu para achegar á berrea a aqueles máis profanos, que aínda non tiveron a sorte de ter participado en ningunha das anteriores edicións que, dende o ano 2006,  se levaron a cabo para gozar dun entorno salvaxe na época en celo dos cervos.

O obradoiro en torno a actividade, profundizaba un pouquiño máis  e, posteriormente a este, presentabase a edición deste ano e o cartel para a difusión dunha acción que gaña adeptos cada ano que pasa.

Aniversario Senda Nova (obradoiro berrea)

Aniversario Senda Nova (obradoiro berrea)

Segue aberto o prazo de inscrición para participar na Berrea 2016, que se celebrará entre os días 7 e 9 de outubro en Asturies. Lembramos que polas características da actividade, as prazas son moi  limitadas. Tamén recordamos que se informen no noso mail e nos teléfonos de contacto sobre o desenvolvemento da mesma a tod@s aquel@s que teñan pensado inscribirse.

LIMPEZA DE RÍOS

Por outra banda e, dentro do mesmo apartado, participamos e colaboramos con ADEGA  na limpeza simultánea de ríos, que se celebrará o vindeiro domingo día 2 de outubro. A actividade ten un grande compoñente de sensibilización e é aberta para todos os públicos.

Dende Senda Nova organizaremos a limpeza en Carballo, no río de Bergantiños ao seu paso polo Parque do Anllóns. Animamos á cidadanía de Carballo na concienciación sobre os nosos cauces e o entorno dos mesmos e emprazamos a participar nesta actividade que contribúe coa educación ambiental e a potenciación dos valores ecolóxicos.

http://www.adega.gal/axenda.php?id=356&idioma=gl&sec=12

@s interesad@s deberán chamar ao tf 696155232 antes do sábado, para poder xestionar ao voluntariado da actividade. A limpeza terá lugar entre as 11 e ás 13:30