A biblioteca do Rego da Balsa de Carballo acolleu a presentación das actividades de “ABRINDO CAMIÑO, Días de ecoloxía e patrimonio“, que, como sabedes, terá lugar entre o 22 e o 25 de setembro no primeiro andar do mercado municipal.
Acompañounos no acto Marcos Trigo, concelleiro de cultura e deportes no concello de Carballo, que colabora coa iniciativa.
Destacamos a labor das demais entidades colaboradoras e que participarán destas xornadas que teñen como obxectivo facer un repaso por estes dez anos de Senda Nova dende os propios obxectivos da entidade, así como crear vínculos entre as entidades que compartimos o mesmo espazo xeográfico.
As xornadas serán aproveitadas para a presentación de actividades de Senda Nova.
Deste xeito o 5º OUTONO EN MARCHA, verá a luz o venres día 24 e a 4º edición da ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA será presentada para os nenos e nenas o sábado día 25.
A tradicional actividade sobre A BERREA, tamén terá un oco no calendario nestes Días de ecoloxía e patrimonio.
Ademáis das presentacións, estes días serán intensos en canto a obradoiros, charlas e concertos, así como un interesante encontro de entidades, nun claro camiño sobre a colaboración e o apoio mútuo entre asociacións, un dos obxectivos principais deste cartel. Todas as actividades son abertas ao público e gratuitas.
Dende Senda Nova queremos agradecer ao máis dunha ducia de entidades colaboradoras:
A. Cultural San Campio de Cances, A. de veciños monte d´Arxa de Cerqueda, A. veciños a fonte Salgueira de Vilela-Entrecruces, Colectivo A Rula, G. Naturalísta Hábitat, A. Ambiental Contraminate, A. de comerciantes da Milagrosa, A. cultural Lembranzas de Bergantiños, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Federación de Anpas da Costa da Morte, A. deportiva Un Paso Máis, Plataforma en Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Crea Formas, A. galega de apicultura pola súa participación nunha xornadas que agardamos teñan continuidade coa coa cabida en anos vindeiros a máis entidades á que este anos non puidemos chegar na invitación.
Grazas ás entidades privadas que colaboran na iniciativa e tamén ao concello de Carballo. Como non, de xeito moi especial, a todos e todas os voluntarios e voluntarias que fan posible as actividades diarias de xeito xeral e este programa en particular.
A cronoloxía segue deste xeito:
22 SETEMBRO 2016
23 SETEMBRO 2016
24 SETEMBRO 2016
25 SETEMBRO DO 2016