Achegámonos ao carballo galego

Achegámonos ao carballo galego

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

O local social de Seavia, foi o encargado de acoller a primeira actividade das II Semanas de Natureza e Paisaxe. Varias ducias de persoas achegáronse a coñecer o papel do cabalo galego na conservación da paisaxe de man do biólogo e membro da asociación PURAGA, Antón Vázquez.

 

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

A xornada comezou coa visualización de varios videos que serviron como introducción ao que a continuación ía expoñer Antón, sobre a importancia que ten o Cabalo Galego na conservación da paisaxe galega tal e como a coñecemos.

Non só a paisaxe se ve positivamente afectada polo papel do Cabalo Galego, se non a biodiversidade e a ecoloxía dos espazos que este animal axuda a preservar.

Foron moitas e variadas as preguntas e conclusións que os asistentes achegaron ao remate da sesión, pechando así a xornada.

Mañán, domingo día 8, terá lugar a ruta de sendeirismo Terras Altas de Soneira, enmarcada no programa de actividades VII Primavera en Ruta da entidade, e na cal aproveitaremos para seguir co estudo do cabalo galego, observandoo dende Pico de Meda, no concello de Zas, onde aínda son moitos os exemplares de cabalo galego que se atopan en liberdade no monte.

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

A programación da entidade segue, tendo lugar o día 15 o roteiro de sendeirismo Camiños de Caión, e o día 17 a ruta A Forza do Rio Chonia. Será o día 21 de maio, cando volte a actividade das Semanas de Natureza e Paisaxe, colaborando nunha prantación conxunta organizada pola asociación de veciños Monte d’Arxa de Cerqueda, onde todos xuntos apadriñaremos varios exemplares de carballos co obxectivo de repoboar unha antiga carballeira que se atopa preto da igrexa de Cerqueda.

Agradecer unha vez máis a todas as persoas e entidades que fan posibles que esta e todas e cada unha das actividades saian adiante, hoxe agradecer especialmente a Asociación Cultural San Mamede de Seavia e a Antón Vazquez de PURAGA a súa gran labor para facernos desfrutar de unha xornada tan proveitosa.

Esperámosvos a todos e a todas nas vindeiras actividades!

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego

II Semanas de Natureza e Paisaxe: Cabalo Galego