O verán remata en setembro e as montañas do Alto Nalón asturiano choran as primeiras bágoas de outono. A humidade volve ao ambiente ao tempo que as árbores de folla caduca comezan a súa decadencia. Os olores poténcianse e os cervos entran en celo por todo un territorio onde son maioría.
O espectáculo da Berrea móstrase cada ano en Asturies como un dos principais eventos da natureza Astur. Un deleite para os sentidos en forma de son e contacto coa natureza. Un achegamento á paisaxe e a forma de vida do corazón asturiano.
Tres esperas e dúas noites de vivac para exprimir a fondo unha das actividades máis fascinantes de Senda Nova.
23,24,25 de setembro. Saídas dende Bergantiños.
160€ 120€ menores de idade. Soci@s 150-100€
Data límite 19 de setembro
Mais info e inscripcions sendanova@hotmail.com 611037617