A noite de San Xoán achégase e con ela o mundo da maxia e das meigas ábrese paso entre todos nós. Reunámonos no noso sagrado monte, berce de tradicións e tocado pola historia, cargado de acontecementos, de supersticións e de segredos…
Este venres 23 ás 16h temos unha fermosa cita en Monte Neme. Co monte, coa cultura, coa veciñanza e coas meigas.
Iremos ataviados con escuras galas meigas, pantalón e camisola, negro sobre negro e que non falten vasoiras, xestas e fiúnchos para o ceo.
Reivindiquemos Monte Neme. Aquelarre na Eira das Meigas!!
Convidados quedades,pequenos e maiores, a participar nesta fermosa e simbólica actividade a prol de Monte Neme.
Nos vos esquezades das vasoiras e no cumio nos vemos!!