ARRINCA UN VERÁN AO NATURAL 18 CHEO DE PROPOSTAS

ARRINCA UN VERÁN AO NATURAL 18 CHEO DE PROPOSTAS

cartaz_veran18_fondo_blanco

O VERÁN AO NATURAL 18 sae polo leste dende o Espazo da Natureza de Oza para cargar de contacto coa natureza dende o coñecemento do entorno.

Un ano máis, poñemos o esforzo cara a adaptación ao medio e á climatoloxía que nos ofrece a posibilidade de achegarnos ao medio con visións diferentes e dende perspectivas que cambian de paisaxes e nos levan a coñecer outros ecosistemas. O obxectivo é achegarnos dun xeito máis profundo á realidade natural. Facémolo dende accións abertas a todos e todas pero limitadas en participacións para adaptarnos aos obxectivos da propia acción e á sensibilidade do medio.

Neste ano 2018 facemos un repaso por unha  xeira de diferentes propostas nun total de seis actividades organizadas por Senda Nova e unha máis pola Plataforma en defensa de Monte Neme, que incluímos no cartel co obxectivo de potenciala toda vez que a nosa entidade forma parte do conxunto.

Deste modo o VERÁN AO NATURAL 18 convértese no verán con máis actividade de todos cantos levamos feito, unha clara mostra do compromiso e traballo dos voluntari@s da asociación e da mellora en canto a material e instalacións, o que permite aumentar tamén o catálogo de actividades.

Estas son:

  1. CLAUSURA DA ESCOLA AMBIENTAL DE SENDA NOVA 17-18

 30 de xuño 19:30h. Lugar: Centro social de Oza.


Actos de clausura da Escola Ambiental de Senda Nova con moitas sorpresas. Foliada aberta coa música tradicional da A.A.V.V. A Torre Vixía de Oza.

Actividade aberta e de balde. Non te esquezas do teu petisco para integrar na festa!

Organiza: A. A. Senda Nova e A.A. V.V. A Torre Vixía de Oza.

Xuntámons de novo coa A.V. A Torre Vixía de Oza para facer grande a foliada que celebran dende a Escola do Alprende. Esta escola xúntase coa nosa Escola Ambiental de Senda Nova para clausurar un ano de actividade de 25 nenos e nenas que, dende o mes de Novembro veñen repartindo compromiso e recibindo coñecemento do noso entorno a través de sesións semanais e de tres monitores e monitoras que canalizan as diferentes temáticas en contidos nos que se divide o proxecto. Será unha tarde chea de sorpresas, de agradecementos e de lembranza dun traballo realizado así como de bos momentos. Tamén haberá sitio para a festa e a foliada.

 

 

  1. ROTEIRO NOCTURNO POR MONTE NEME

 14 e 15 de xullo  Lugar: Monte Neme

 Roteiro nocturno destacando os valores de Monte Neme +info e inscricións:asociacion@sendanova.org   611037617 ata dous días antes.

Prezos:  Adultos 12€,  8€ socixs.   menores 6€

Colabora: Plataforma en Defensa de Monte Neme.

O tradicional roteiro nocturno cambia de ubicación con respecto a anos anteriores. Pico de Meda deixa paso a Monte Neme e as vistas viaxan cara o mar grazas a aposta da Plataforma en Defensa de Monte Neme. Un percorrido nocturno por uns dos balcóns máis importantes da Costa da Morte. Un lugar cheo de lendas, sobre todo nesta época. Ese será o escenario previo á pernocta que terá lugar nas ladeiras do mesmo monte, rematando a actividade despois do almorzo do día 15.

 

 

  1. ROTEIRO-AVISTAMENTO AVES

Sábado 4 de agosto. 17:00h. Lugar: Malpica de Bergantiños.

Conmemorando o  70 aniversario das visitas realizadas polo ornitólogo Francisco Bernis ás Sisargas. Contando co ornitólogo Álvaro Barros membro da SGO. 

+info e apuntamentos no teléfono: 636 326 083. Actividade gratuita. asociacion@sendanova.org
Colabora: Concello de Malpica de Bergantiños e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

A publicación do libro de Sandoval e Varela editado por Embora é o xermen desta actividade. Conmemorar os 70 anos da visita do reputado ornitólogo ás costas de Malpica de Bergantiños e das Sisargas en Particular. Contaremos con Álvaro Barros, membro da SGO e un gran coñecedor e amante do ornotoloxía e espazos naturais de Bergantiños. A actividade comezará en Malpica e rematará despois dun tempo dedicado ao avistamento, no mesmo cabo de santo Hadrián.

 

 

 

  1. HOXE QUEN BAILA?

9 AGOSTO  Lugar: Centro social de Rececinde

 Filme nocturno ao aire libre. Proxección do audiovisual creado a partires das Historias de Inverno de Bergantiños e Soneira. A proxección xira na temática das festas de mediados de S. XX na contorna. DVD co apoio da Deputación da Coruña.
Colabora: A. V. Rececinde San Xusto.

A programación de verán ten tamén un lugar para a difusión do primeiro DVD producido por Senda Nova, co apoio da deputación da Coruña. “ HOXE QUEN BAILA ?” está baseado nos faladoiros organizados pola nosa asociación durante tres anos en 21 parroquias.  A temática escollida para este traballo son as festas. Rececinde será quen acolla o audiovisual, precisamente unha das parroquias que foran escollidas para os faladoiros.

 

 

 

CURSO INICIACIÓN Á CARTOGRAFÍA E ORIENTACIÓN

5,6,7,8 de setembro   Lugar: Espazo da Natureza de Oza.

 Diferentes xornadas dedicadas a iniciarse no mundo da cartografía e a orientación a través de mapa e brúxula para un mellor desenvolvemento nos espazos ao aire libre.

+info e inscricións: asociacion@sendanova.org  630726820  ata dous días antes.

Actividade de balde

Adentrarse na natureza con mapa e compás. Aprender a situarse a través do mapa ou saber combinar ámbalas dúas ferramentas para orientarnos ou solucionar situacións comprometidas pola falta de visibilidade. Estas son cousas que abordaremos dende unha perspectiva básica e de achegamento dende estas xornadas, que pretenden a través do mapa e compás, saber manexarnos con máis soltura dentro de espazos ao aire libre.

 

 

 

A BERREA 2018

 

21,22,23 de setembro    Lugar: Llaviana-Asturies

Actividades de observación e convivencia na época en celo dos cervos no Alto Nalón de Asturies.

+info: asociacion@sendanova.org   611037617 ata tres  días antes.

Prazas limitadas

Prezos: Adultos 75€  socixs 65€           Menores  55€   socixs 45€

Colabora: Conceyu Llaviana

 

Dende o nacemento da asociación vimos mantendo unha das actividades máis desexadas polos habituais de Senda Nova. A actividade da berrea adaptase á plena época dos cervos no Alto Nalón asturiano e tamén á orografía e natureza da zona. 4 esperas para o avistamento que se suman ao espírito de convivencia e ao son dun dos maiores espectáculos da natureza cantábrica.

 

+INFO DO PROGRAMA: asociacion@sendanova.org telef. 611037617