O inverno está a piques de rematar, e con el, vanse apagando as últimas brasas da lareira e a calor das xuntanzas e historias contadas a carón dese acolledor lume. Vaise mitigando e pouco a pouco cada un dos asistentes tócalle retornar a súa casa, e de despedirse ata a próximo inverno para tornar a xuntarse, como fai 5 invernos xa, nesas noites frías e días curtos.
Desta volta foi Francisco Añón o que nos abriu as portas da súa casa, ou máis ben da súa vida, para botar a vista atrás por uns intres e levarnos ata un Sofán que garda moitos segredos: como o da cova do lugar de Cobas, o nome do lugar da Lagarteira, as trifulcas (hoxe xa resoltas) entro os da alta e os da baixa… Un viaxe polo Sofán de fai 30 anos, no que tamén nos lembramos moito de Santiago Bello. O cal finou antes de poder narrarnos todo o seu coñecemento acerca desta parroquia a que pertencía.
Sofán, unha das parroquias máis grandes e poboadas do concello, pechaba o pasado venres unha nova viaxe por tempos pasados. Pechaba unhas HISTORIAS DE INVERNO, na que se xuntou en total algo máis dun cento de participantes, atentos en cada unha das narracións e en cada unha das parroquias visitadas, por coñecer máis acerca dos lugares e historias de cada unha.
O INVERNO ANCESTRAL e, tamén as viaxes no frío da noite polo rural de Bergantiños, está a piques de pechar as súas portas, pero antes queremos vervos este xoves 22 no Espazo da Natureza para despedilo co documental “Tramalume” nos XOVES DE FILME dende o Espazo de Natureza.
Agradecemos moito a colaboración de cada unha das narradoras e narradores e tamén, como non, aos presentadores. E sempre sen esquecernos das e dos voluntarios de Senda Nova.
O lume da lareira xa se apagou, mais o coñecemento que cada unhas das persoas narradoras nos aportou e compartiu sempre quedará aceso.