As historias de inverno chegan a Cerqueda

As historias de inverno chegan a Cerqueda

Historias de Inverno en Cerqueda

Historias de Inverno en Cerqueda

Cerqueda recolle a testemuña das HISTORIAS DE INVERNO. Xosé Manuel Varela Varela, un deses persoeiros aos que algún deus pareceu encargarlle a protección do patrimonio bergantiñán, foi o encargado de presentarnos a Manuel Bouzas, O Vinculeiro.

Xosé Manuel xogaba na casa e escaneou con variadísimas preguntas cada unha das temáticas expostas. Case dúas horas nas que disfrutamos da historia da parroquia de Cerqueda e tamén das lindeiras, grazas a procedencia e coñecemento xeográfico do narrador e tamén do presentador que, con referencias precisas formaban os interrogantes previos.

Moi grande a información da que gozamos no local das Pozacas de Cerqueda nunha tarde – noite de vento e auga. De xuro, como aquelas nas que O Vinculeiro contaba e escoitaba fai anos, nas lareiras das casas de Cerqueda e Santiso.

Mil grazas aos dous.

Historias de Inverno en Cerqueda

Historias de Inverno en Cerqueda