As HISTORIAS DE INVERNO chegan a Couso

As HISTORIAS DE INVERNO chegan a Couso

Panorámica de Couso Coristanco

Panorámica de Couso Coristanco

Couso é unha singular parroquia do sul do concello de Coristanco. Asenta o seu territorio entre a meseta xalleira e a chaira bergantiñá, nunha división que estructura a parroquia en dúas partes ben diferenciadas, incluso a nivel climatolóxico.

Mámoas, castros, igrexas e lendas, moldean a paisaxe dunha fértil parroquia con carácter, que inclúe un importante pasado mineiro relacionado co volframio.

Evangelina Pérez, Manuel Fernández, Ramón Velo e José Porteiro serán @s encargad@s de ofrecernos o mellor da parroquia a través da historia e as vivencias, ao longo de anos sentindo o territorio como propio.

Será a través do guión de Martín Rabuñal, que exercerá de presentador dun faladoiro do que gozaremos mañán venres 17 ás 19 horas dende o Centro Social de Currás de Abaixo, no que anunciará a última parada desta interesante edición das HISTORIAS DE INVERNO de Senda Nova.

Grazas á Asociación de Veciños San Miguel de Couso