BALDAIO 100 POR 100

10 OM Razo Baldaio

10 OM Razo Baldaio

A celebración dos dez anos de Outono en Marcha comezaba camiñando, e facíao dende a Capela de Sta Mariña de Razo. Iniciabamos un percorrido case completo pola fachada atlántica do concello de Carballo a través de múltiples paradas para o coñecemento. E é que os 15 km que ofrece o itinerario RAZO BALDAIO PARA PROTEXER están sementados de xeoloxía, bioloxía, cultura e paisaxe aberta ao mar.

O sol ía quecendo aos case 30 participaron que decidiron erguerse cedo neste outono. Chegados de diferentes puntos de Bergantiños e da cidade herculina, xs camiñantes colócanse para escoitar as primeiras explicacións xeográficas de Evarísto Dominguez Rial, que referencia nos seus inicios a valgada Razo-Tui: un dos accidentes xeográficos máis importantes de Galicia.

A xeoloxía é protagonista  na Punta do Chan de Razo, e a paisaxe dende alí albisca dende as Sisargas a Cabo Prioriño, localizando Caión, Punta Langosteira, Malpica… Xs máis inquedxs albiscan terreos coñecidos en rutas anteriores, incluso reflexionan sobre a difícil ubicación da aldea de Santa Mariña. O lugar de Razo, ben afastado do resto de aldeas, diferenciase ben dos demais núcleos de poboación da contorna, localizándose nun relleiro terreo, fora das agras máis fértiles da parroquia.

A frecha do camiño apunta para Arnados e o tramo preséntanos unha nova lección de xeoloxía relacionada coa praia fósil, os cambios do nivel do mar ao longo dos tempos e a reflexión sobre o futuro do lugar, nomeado con certo aire despectivo “Os Areos “, polos vellos habitantes da parroquia. E é que Arnados, epicentro hoxe do surf, hostelería e disfrute, era décadas atrás un terreo improdutivo que non ofrecía posibilidades de forxados asentamentos humanos.

Hoxe en día é a porta do segundo areal de Galicia, aquel que cruza a Baldaio por unha praia que tan só na súa historia recente pode contar sobre mensaxes en botellas ou de aterraxes de avións. Máis absolutamente todas as persoas que integraban a expedición de Senda Nova, tiñan a zona como un espazo natural onde aprender para conservar.

A praia, a duna, a lagoa e a marisma, foron lugares a visualizar e a espremer dende o punto de vista do coñecemento. Diferentes ecosistemas e unha igual problemática para a conservación, que radica na falta de sensibilización e nun bom de ocio incesante e crecente.

A duna e a lagoa son espazos con demasiada presión humana. A praia e a franxa dunar máis marítima son o berce natural da Píllara das Dunas, unha limícola que segue a aguantar estoicamente en Baldaio, as batidas do progreso. Cans soltos e prácticas deportivas agresivas son algunhas das ameazas principais para unha fráxil especie que se constitúe como bioindicador da nosa costa.

O Baldaio cultural abriuse paso despois da xunqueira, onde a parada para sentir o entorno puxo de manifesto este lugar como o lugar do silencio da zona.

A igrexa de Rebordelos, a de Lema foron dos lugares que percorreron uns camiñantes que remataron a xornada no mirador máis importante de Baldaio e un dos múltiples asentamentos prerromanos: o Castro de Castrillón.

 

10 OM Razo Baldaio

Flickr Album Gallery Powered By: WP Frank