A XIII PRIMAVERA EN RUTA está preparada para saír ao encontro da aprendizaxe co entorno e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos como principal obxectivo.
O Espazo da Natureza de Oza recibiu a medio cento de persoas para acoller de xeito especial o inicio dunha nova edición do programa máis antigo e emblemático de Senda Nova. O nexo de Senda Nova co sendeirismo consciente é un aval dende os inicios da entidade. Pero a Primavera en Ruta segue a representar un cúmulo de esforzos. A posibilidade de xuntarse en proxectos co obxectivo común da posta en valor do patrimonio a través de itinerarios deseñados para tal efecto. Percorridos que se fan vellos coa análise anual, en moitos casos, das desfeitas.
No acto estivo presente a rapazada da Escola Ambiental, que foi protagonista dun interesante percorrido guiado polas súas instalacións e actividades. Dende o pulo e a enerxía da xente nova, as rapazas e rapaces transmitiron ao conxunto de asistentes información sobre a horta ecolóxica que se multiplicou en relación con anteriores edicións. Tamén sobre o resto de actividades desenvoltas no Espazo da Natureza e fora del.
Dende a entidade queremos agradecer a cada un dos esforzos que suman no proxecto. Dende o Voluntariado de Senda Nova pasando polos concellos de Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Zas, así como a agrupación de Protección Civil de Carballo.
De seguido vai a información de cada unha das rutas e o material gráfico.
INFORMACIÓN PARA O CARTEL E TRÍPTICO DA
13º PRIMAVERA EN RUTA
+NATUREZA
+PAISAXE
+CAMIÑAR PARA APRENDER
O río de Bergantiños
24 abril
Distancia aproximada 21 km
Dificultade media
*Ruta 2 CAMIÑOS DE ALDEMUNDE (Rodís, Andoio, Aldemunde)
No corazón do bosque Atlántico
1 maio
Distancia aprox: 7 km
Dificultade moi baixa
Coristanco sur dende as orixes
8 maio
Distancia aproximada 18 km
Dificultade media
A máxia dos petróglifos e megalitos
15 maio
Distancia aproximada 14 km
Dificultade baixa
Batáns escondidos e pazos señoriais
22 maio
Distancia aproximada 20 km
Dificultade media-baixa
Estalos de xeoloxía e paisaxe
29 maio
Distancia aproximada 14 km
Dificultade baixa
O interior de Soneira dende Pico de Meda
5 xuño
Distancia aproximada 16km
Dificultade media
. Ruta 8 CAMIÑOS DE CAIÓN (Caión, Rebordelos, Noicela)
Balcóns sobre o Atlántico
12 xuño
Distancia aproximada 14 km
Dificultade baixa
COMO SE REALIZAN AS CAMIÑADAS
LEMBRA!!
Puntualidade
INSCRIPCIÓNS
Lugares de inscripcións:
Base de Protección Civil de Carballo.
Edif. Ambulatorio vello. Carballo 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello da Laracha
Praza do Concello s/n 2º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Departamento de Cultura e Deportes do Concello de Coristanco
Edificio de usus múltiples 21º andar luns a venres de 9:30 a 13:30h
Espazo da Natureza de Oza mércores, xoves e venres de 17 a 20h.
Data límite de inscripción:
Ata 2 días antes de cada roteiro
Prezos:
Non soci@s: Maiores de idade: 8 € Menores de idade 6€
Soci@s: Maiores de idade 6€ Menores de idade 4€
Lugares de saída:
A Laracha: diante do concello Carballo: rúa Venezuela
Malpica: diante do concello
Coristanco: diante do concello
Zas: diante do concello
MÁIS INFORMACION
Apuntamentos participantes de fora de Bergantiños e Soneira INFÓRMATE
tf 611037617