Bota a andar una 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo coa máxima participación

Bota a andar una 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo coa máxima participación

Presentacion 14 Escola Ambiental 3

Presentacion 14 Escola Ambiental 3

Bota a andar una 14 edición da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo coa máxima participación

O pasado sábado 29 de novembro encendíuse a mecha da 14 edición da Escola Ambiental carballesa dende o Espazo da Natureza de Oza.

Ao acto acudíu o concelleiro de Medioambiente Miguel Ángel Vales así como socios e socias de Senda Nova, que acompañaron ás familias e participantes desta 14 edición.

Ademáis da rapazada que repite experiencia neste proxecto, anotáronse una boa xeira de xente nova, chegando a cifras de anotados nunca acadadas. Deste xeito son case que 30 nenos e nenas os que serán protagonistas dun ambicioso proxecto onde colabora o Concello de Carballo. Nesta xeira de actividades están incluídos obradoiros diversos de pegadas, primeiros auxilios en entornos naturais ou oleiría. Tamén están incluídas saídas pola contorna de Carballo, para visitar e aprender sobre os lugares máis importantes a nivel ambiental, cultural e paisaxístico. Deste xeito, os menos e nenas visitarán os humidais de Baldaio ou Esteiro do Anllóns, bosques como os da Bérbia ou Ribeira da Pena e vestixios megalíticos como o dolmen da Pedra Moura de Aldemunde.

PROXECTO TRANSVERSAL

Con todo, o proxecto transversal sobre o que xirarán as máis de 25 sesións semanas nas que se divide o proxecto, será a horta ecolóxica. As plantacións realizaranse a través de bancais nas instalacións do propio Espazo da Natureza de Oza. Estes cultivos recolleranse ao final desta 14 edición e terá como colofón a venda dos mesmos a través das feiras dominicais carballesas.

Ademais destas actividades, as pernoctas son das acción máis agardadas pola rapazada. Estas acampadas realízanse tamén ao final dun proxecto que rematará coa primavera e que permitirá aos nenos e nenas disfrutar de xornadas nocturnas durmindo en tendas vivac con compañeiros e compañeiras.

Segue aberta a posibilidade de apuntamentos nesta edición para ingresar en lista de agarda por posibles baixas de persoas anotadas.

Máis información: 611037617   sendanova@hotmail.com

 

Presentacion 14 Escola Ambiental 2

Presentacion 14 Escola Ambiental 2

Presentacion 14 Escola Ambiental

Presentacion 14 Escola Ambiental