Bótase a andar a 12 Escola Ambiental coas maiores cifras de anotados

Bótase a andar a 12 Escola Ambiental coas maiores cifras de anotados

Presentacion escola 23-24

Presentacion escola 23-24

Presentacion escola 23-24 2

Presentacion escola 23-24 2

A Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo inicia a súa 12 edición con aumento de inscricións.

Onte sábado ás 12h, o Espazo da Natureza de Oza recibía a presentación da seguinte xeira de actividades da  Escola Ambiental. Ao acto asistía persoal da asociación, o coordinador da Escola Ambiental Jose M. Menéndez  e o concelleiro de Servizos, Medio Ambiente, Praias e Protección Civil do Concello de Carballo Miguel Ángel Vales. Ademais de ter a visita de familias interesadas en coñecer o funcionamento da Escola, o máis importante foi a asistencia de case 30 nenos a nenas que, acompañados das familias, encheron de vida os exteriores do Espazo. Ao acto asistiron máis de medio cento de persoas máis será a rapazada as protagonistas deste ambicioso proxecto que percorre oito meses de achegamento ao medio.

Neste comezo da 12 edición hai que destacar o aumento de inscritos e inscritas, sendo probable establecer unha listaxe de agarda coa finalidade de que a maioría das persoas inscritas teñan a oportunidade de desfrutar do proxecto.

Aparte dos participantes en anos anteriores, a Escola está composta por nenos e nenas carballeses que cursan entre terceiro e sexto de educación primaria. Esta rapazada formará a partires de agora un grupo firme de traballo que participará semanalmente das actividades propostas nesta edición do proxecto, e que terán case oito meses de duración.

Cultura, ecoloxía e achegamento físico ao medio, serán os eixes de contidos do programa, tendo a horta ecolóxica como proxecto transversal no tempo. Doutro xeito, as actividades tamén se dividen segundo o emprazamento das mesmas.

Unha parte importante serán as realizadas dentro do propio Espazo da Natureza de Oza, onde se atopa a horta exterior así como interior do invernadoiro. As casetas de ferramentas, biblioteca e aula formativa completan as dependencias do equipamento que serán usadas en cada sesión.

A outra parte das actividades céntranse nas saídas e as excursións. Estas terán como destino os lugares máis importantes a nivel ecolóxico do concello de Carballo e bisbarra, así como os vestixios máis salientables a nivel patrimonial. Deste xeito, a rapazada visitará bosques como a Ribeira da Pena ou a Bérbia; humidais como Baldaio ou o Esteiro do Anllóns, ou vestixios megalíticos como a Pedra Moura de Aldemunde, entre outros.

As sesións serán cada sábado de xeito continuado, dende agora ata o mes de xullo.

Seguindo coa fase de preinscricións, aqueles rapaces ou rapazas de Carballo que desexen participar na Escola Ambiental, poden realizar a preinscrición dende a Libraría Clarión de Carballo, situada na rúa Valle Inclán.

Presentacion escola 23-24 3

Presentacion escola 23-24 3