A causa do desbordamento do río Anllóns queda aprazada o primeiro roteiro “O son do Anllóns” do día 3 de abril. Posponse para o 29 de maio.
A Causa das condicións meteorolóxicas e a alerta laranxa do día 10 de abril, queda aprazada a ruta “A Forza do Rio Chonia”, posponse para o día 17 de maio.
Oito rutas cargadas de paisaxe, ecoloxía e cultura. De corredoiras e de compromiso.
Un encaixe de bolillos perfeto entre persoeiros das parroquias, Protección Civil, concellos, participantes e voluntari@s de Senda Nova.
No material gráfico adxunto tedes a información precisa para as inscripcións, lugares de pauntamento, de saída…etc…
Agradecer ás case 30 persoas que vos déchedes cita hoxe en Sísamo neste repaso de contidos e filosofía dun programa que se fai maior. De xeito especial aos socios e socias da Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo pola acollida e todas as facilidades para o acto de presentación.
Agradecementos tamén aos concellos da Laracha, Carballo, Coristanco, Malpica de Bergantiños e Zas, así como a Protección Civil de Carballo pola colaboración nunha edición máis do proxecto.