Botase a andar o IV Outono en Marcha

Botase a andar o IV Outono en Marcha

IV OUTONO EN MARCHA

IV OUTONO EN MARCHA

O martes 20 de outubro de 2015 ás 20 h. presentábase o IV OUTONO EN MARCHA na parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco. Á presentación asistiron representantes dos concellos de Carballo, A Laracha e Coristanco, colaboradores do programa de roteiros dende o seu inicio. Tamén asistiron voluntarios e voluntarias de Senda Nova e diverso público que se achegou ao local social situado na parroquia coristanquesa.

IV OUTONO EN MARCHA

IV OUTONO EN MARCHA

Un total de seis percorridos compoñen un novo programa de rutas que se asenta no calendario sendeirista de Bergantiños e que se presenta con reiteradas propostas de coñecemento, interpretación do patrimonio, sensibilización ambiental e espírito de aventura e convivencia, un dos valores que resaltamos, reiteramos e que tamén valora a masa de participantes que actúa nas propostas.

Senda das capelas, Razo-Baldaio para protexer, Terras do marqués, Vía alcaianus, As pegadas do wolframio ou a Ruta das Férvedas son os percorridos establecidos para un outono cheo de vida sendeirista. Un percorridos deseñados con paciencia e agarimo por voluntarias e voluntarios da entidade.

O programa de roteiros será publicitado na comarca a través de edificios públicos e entidades privadas e , sobre todo, nos centros de ensino. Realizarase  tamén a través dunha presentación fotográfica onde se mostra a visión doutras edicións do programa de rutas de outono.

Máis adiante tedes para descargar o material gráfico editado para o proxecto. Nel veredes as formas de inscribirse así como obxectivos concretos e lugares de inscripción. Tamén tedes neles información sobre o equipo a levar a cada actividade, dificultade de cada percorrido e forma de realizalos.

Agradecementos especiais a todos e todas as entidades e persoeiros que facedes posible este proxecto.

Comezamos este mesmo domingo na Laracha!

 

IV OUTONO EN MARCHA

IV OUTONO EN MARCHA