BUENOSDIASTENGAUSTÉ víu a luz en Oza nun acto emocionante

BUENOSDIASTENGAUSTÉ víu a luz en Oza nun acto emocionante

Buenosdiastengausté presentacion 3

Buenosdiastengausté presentacion 3

uenosdiastengausté presentacion 2

uenosdiastengausté presentacion 2

Un ano xusto despois, o Espazo da Natureza de Oza volveuse encher para presentar un novo traballo baseado nos faladoiros de tres anos de Historias de Inverno en 21 parroquias.

Máis de medio cento de narrador@s foron protagonístas de Buenosdiastengausté, o documental que percorre a escola rural de mediados de S. XX en Bergantiños e Soneira.

Máis de sesenta persoas encheron o Espazo. Foi emotivo a presenza de mestras actuais, ás que se uniron persoas ligadas á asociación e público en xeral. Sen dúbida @s protagonístas, es@s presentador@s e sobre todo, es@s narrador@s que, de primeira man, recibiron o agarimo do público cun forte aplauso e un DVD para a lembranza.

 

O posterior petisco serviu de valoración do traballo realizado. Un documental que puxo enriba da mesa, sobre todo, a dureza. Unha exposición que pon de manifesto a rudeza dos castigos e a penosidade das condicións escolares durante a posguerra, en 50 minutos de percorrido por verbas e imaxes en 21 parroquias das comarcas de Bergantiños e Soneira. Dende Montemaior a Carnés. Dende Cerqueda a Loroño. A través de medio cento de narrador@s que nos describen os útiles escolares, as condicións dos edificios, as metodoloxías, os libros e mesmo as conductas do profesorado, nun extenso percorrido humano polo rural da Costa da Morte.

 

Dende Senda Nova sentímonos orgullosos d@s nos@s maiores e do traballo realizado coas Historias de Inverno durante estes anos. Un aval grande dun proxecto que continúa cada inverno con máis faladoiros, chegando agora mesmo ás 30 parroquias percorridas. Unha iniciativa dun traballo que se fai extensible a moitas colaboracións, no que representa unha das máis prósperas programacións da asociación.

 

Buenosdiastengausté presentacion

Buenosdiastengausté presentacion