Informamos a tod@s aquel@s que ides a participar na Limpeza Simultánea de Ríos que terá lugar mañán dun cambio de ubicación do treito de río onde traballar.
En lugar de quedar ás 11 h na Ponte de Bértoa ( río Anllóns), farémolo á mesma hora pero no final do Parque do Anllóns, no mesmo río. Consideramos, deste xeito, que a nosa labor será mellor aproveitada.
Para a xente que vides de fora, o Parque do Anllóns está situado detrás da actual estación de autobuses, moi cerca do Pazo da Cultura.
Desculpen as molestias