Camiñar ben é ler a natureza

Camiñar ben é ler a natureza

8ª PR Coristanco Histórico Alex

8ª PR Coristanco Histórico Alex

Quentaba o sol no polo alto dos montes que envolven o recuncho do igrexario de Seavia, un dos máis persoais de todo canto territorio camiñamos nas andainas para coñecer.
Eran ás 10h. De anfitrión de luxo, Xose Antonio Andrade, resumiu o sentido dos 22 qm que quedaban para toda unha xornada de amizade conxunta para os 40 participantes que quixeron aproveitar unha xornada solleira impoluta.

Despois, palabra a palabra, foi entrando en minuciosas explicacións históricas enmarcadas nunha sentida paixón pola parroquia que o viu nacer.

O escritor de Seavia, un dos protagonistas das andainas por terras do verxel de Bergantiños, compartiu explicacións con Evaristo para uns camiñantes andadores entre os que se atopaba, coma sempre, unha nutrida representación moza. As nenas e nenos volven  ser xornada tras xornada, a forza máis salientable de cada parada de coñecemento establecida para situarnos no mundo. “ Hai camiñar para algo” dixo algún maior unha vez, e nos, apoiámonos nos discursos coincidentes, cando o aval ven a axustarse á filosofía da entidade e da actividade.

Non puidera ser se os nosos persoeiros, tan camiñantes como observadores e cheos de coñecemento, non aportaran a cantidade de información con experiencia de maior e motivación e ilusión de neno.

E así, con ese paso firme, saboreamos as corredoiras do sur de Coristanco despois de montar rumbo no museo de Asunción Antelo.

Segufe volveu ser parada obrigada cun novo grupo de observadores cara a obra de Asunción. Foi a primeira vez que Senda Nova visita a fermosa exposición sen a presenza da artista, e na mente de cada un de nos estaba a imaxe irrepetible dun recibimento anual que nunca máis se vai producir.

A sentida homenaxe salpicou cada unha das paradas que fixemos no total de percorrido da ruta. Asunción estivo presente nos versos que axudaron a entender a terra que pisábamos de cada unha das corredoiras. Foi a través da súa poesía e en boca dos nenos e maiores, que decidiron participar no agradecemento de Senda Nova coa Rexubeira de Bergantiños.

Dese xeito cruzamos Nogueira, Ferreira, Couso…  e chegamos á meseta do xallas da man do castro do Vilar, cando o sol se derretía no horario da tardiña.

As camiñadas en descenso por camiños máis artificiais presentáronse na parte da etapa onde o cansanzo protagonizaba a percepción dos máis pequenos.

Mais non necesitamos da noite para chegar ao Rabiñoso, no linde co veciño Zas. A férveda segue a ser a obra máis interesante que Evaristo nos pode mostrar no seu recuncho preferido.

Camiñar ben é ler a natureza. As paradas para saborear o noso patrimonio son tamén servibles para a condición física do noso futuro a través dos nosos nenos.

Agradecer pois a aportación a todos e todas. Todos e todas que, a través do voso esforzo, agardachedes pacientemente polos máis cansados e poidamos dicir que unha nena de 6 anos viviu con nos todo isto.

E dese xeito, chegamos en grupo.

8º PR Coristanco Histórico

8º PR Coristanco Histórico

8ª PR Coristanco Histórico Alex

8ª PR Coristanco Histórico Alex

8º PR Coristanco Histórico Andrea

8º PR Coristanco Histórico Andrea

8º PR Coristanco Histórico José Antonio

8º PR Coristanco Histórico José Antonio

8ª PR Coristanco Histórico 2

8ª PR Coristanco Histórico 2