Carlos González, Paco Graña e Víctor Tasende pechan o 10 INVERNO ANCESTRAL

Carlos González, Paco Graña e Víctor Tasende pechan o 10 INVERNO ANCESTRAL

Paco Graña 10 INVERNO ANCESTRAL

Carlos González 10 INVERNO ANCESTRAL

Rematou a programación do 10 INVERNO ANCESTRAL de Senda Nova.

A pasada semana rematava a xeira das CONVERSAS DO RURAL e con ela o conxunto de actividades da 10 edición do INVERNO ANCESTRAL.

O mércores 25 de febreiro Carlos González achegábanos a Vegaquemada, no norte da provincia de Llión, para amosarnos o traballo da Junta Vecinal de Vegaquemada e o propio funcionamento dun colectivo escollido dende as propias eleccións municipais e que conta con amplas competencias dentro do territorio.

O sábado28 era a quenda de Paco Graña e Victor Tasende que, en representación da AGA (Asociación Galega de Apicultura) achegáronnos ao mundo das avellas a través dunha intervención amena onde se amosou a importancia dos insectos no medio natural.

Con estas intervencións pechábase a programación de inverno. Unha serie de 11 días de actividades onde, ademais das CONVERSAS DO RURAL, contamos con varios días de visitas do Apalpador ás escolas rurais, a celebración do Día Internacional das Zonas Húmidas ou mesmo Obradoiros de Pegadas e Indicios.

Unha boa xeira de entidades colaboradoras e concellos implicados serviron para pechar unha programación que contou con máis de 300 participantes e onde os obxectivos radicaron na posta en valor do patrimonio ambiental e cultural, así como entidades e proxectos de dinamización rural. A maioría das actividades e a diferencia doutras programacións, en entornos recollidos e actividades de aula.

Moitas grazas a participantes e colaboradores.