Carnés fala da historia dende o máis feminino

Carnés fala da historia dende o máis feminino

Historias de inverno Carnés 2

O Carnés máis feminino repasou os tempos recentes a través dos relatos de María Perez, Mercedes Arturo, Juana Ínsua e Esperanza Ferrín despois de poñerse o sol na parroquia soneirá. Case 20 persoas viaxaron ao Carnés das antigas palilladas, da antiga festa da Fraguía, do salón de baile… etc, dende as lembranzas polas que preguntou a presentadora Nieves Lema. Foi a noite máis feminina das HISTORIAS DE INVERNO. Unha noite chea de preguntas dos asistentes, que nos fixo saber un pouquiño máis da nosa historia recente. De saber como somos. Grazas a todas.