Camiños de Caión 16 primavera en Ruta
Camiños de Caión 16 primavera en Ruta 2
A 16 PRIMAVERA EN RUTA encara a súa recta final agardando polas dúas últimas andainas polos concellos de Zas e de Trazo, que se celebrarán os próximos dous domingos.
A última das paradas deste periplo de corredoiras tivo lugar en Caión. A pesar da previsión meteorolóxica, case medio cento de persoas acudiron aos CAMIÑOS DE CAIÓN para descifrar o patrimonio da parroquia larachesa e dunha parte de Baldaio. Entre os integrantes acompañáronnos as persoas participantes no programa de andainas do Concello de Guitiríz, que tiveron a ben incluír CAMIÑOS DE CAIÓN nun importante calendario de andainas que organizan durante todo o ano.
Lugares como o Castro de Constenla, a Feira do Rapadoiro, Borrazás, Casa de Benito, praia fósil de Leira, furna furada, praia da Arnela ou a propia vila mariñeira de Caión, foron algúns dos lugares percorridos nunha das andainas máis agardadas polos incondicionais de Senda Nova e pola xente da Terra Chá.
Ademais do patrimonio cultural, puidemos achegarnos á flora da zona, condicionada por un microclima abrigado do nordés que permite o establecemento de especies máis propias do clima mediterráneo como a xara oo o cerquiño. Tamén puidemos aprender sobre a flora costeira dende os fermosos camiños que nos propón a contorna de Leira, e dende aquí contar as historias da herba namoradeira.
A 16 PRIMAVERA EN RUTA inicia a súa recta final agardando pola andaina das TERRAS ALTAS DE SONEIRA, un dos percorridos con máis contido deste programa.
Agradecer a colaboración do Concello de Carballo, do Concello da Laracha, do Concello de Malpica de Bergantiños, do Concello de Zas e do Concello de Trazo. Tamén de Protección Civil de Carballo.
Moitísimas grazas a todos os participantes, especialmente os achegados dende a Terra Chá. Moitas grazas ao Concello de Guitiriz por visitarnos.
Albume de fotos https://www.flickr.com/photos/39934841@N05/albums/72177720326127408/with/54519711409
Fotografías: Mónica Paz