Castriz abríu as Historias de Inverno

Castriz abríu as Historias de Inverno

Historias de Castriz 2

Por vez primeira as Historias de Inverno visitaban Santa Comba. Castriz foi a parroquia protagonista que botaba a andar tamén esta nova xeira de faladoiros dos n@s nos@s maiores neste 6º Inverno ancestral.

Comezamos desexando melloría a José Barbeira, un dos nosos narradores protagonistas que, convaleciente, non puido achegarse a actividade.

Foi Pepe Pensado o que nos volveu ao Castriz de fai anos a través dun repaso minucioso polas sete temáticas nas que se dividen as intervencións. Comúns a todas as parroquias.

O guión seguiuno Ana Cancela, a presentadora desta fría noite na meseta do Xallas. Un fermoso e grande repaso pola escola, festas…e como non, os traballos que se desenvolvían na zona, entre os que tivo cabida a minería do volframio.

Agradecer a tod@s a disposición, de xeito especial a Jose Barbeira, pepe Pensado e Ana Cancela.

Historias de Castriz