Celebración do Día Internacional das zonas húmidas

Celebración do Día Internacional das zonas húmidas

Día humidais 2020 4

O día 2 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS ZONAS HÚMIDAS  ao celebrarse o aniversario da sinatura do Convenio sobre os Humidais celebrado en Ramsar ( Irán) o 2 de febreiro de 1971.

 

 

Como ven sendo habitual nos anos anteriores, dende Senda Nova queremos celebrar dita data cunha mirada aos humidais máis próximos. A comarca de Bergantiños conta con moitos espazos deste tipo que ofrecen un interese ecolóxico e cultural. Destacan os seguintes:

O Esteiro do Anllóns, Baldaio, Traba de Laxe e Alcaián.

Estes espazos son destino habitual de actividades nas diferentes programaci´pns da nosa asociación. Deste xeito, resáltanse habitualmente os diferentes valores que albergan estas zonas húmidas.

Este ano, dende Senda Nova queremos celebrar novamente esta xornada cun achegamento a un dos espazos máis importantes da zona: o esteiro do Anllóns.

Deste xeito trasladamos a celebración deste día 2 de febreiro para o vindeiro sábado. A acción desenvolverase na marxe de Cabana de Bergantiños durante a mañá e parte da tarde do día 5 de febreiro. Así, a través dun paseo ameno e os equipos ópticos da asociación, poderemos divisar as especies de aves máis importantes.

A actividade contará coa presencia de Xosé Luís Rabuñal. O reputado e incansable ornitólogo ven colaborando en anos anteriores en diferentes accións de Senda Nova e estará presente tamén o vindeiro sábado.

A actividade estará aberta soamente a socixs de Senda Nova ademais dos integrantes da Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo.

Día humidais 2020 2