Chega o verán a Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo

Chega o verán a Escola Ambiental Senda Nova- Concello de Carballo

 

O pasado sábado tivo lugar no Espazo da Natureza de Oza a última sesión da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo antes do parón veraniego que este ano chega cun pouquiño de retraso. Despois dun ano diferente, cheo de cambios e con adaptacións de última hora, o balance segue a ser moi positivo, a pesares do parón durante os meses de confinamento, a Escola Ambiental Senda Nova volveu a finais do mes de maio cargada de enerxía e ganas de desfrutar ao aire libre e alongouse ata finais do mes de xullo a diferenza dos anos anteriores.

As mascariñas, os xeles hidroalcohólicos e as distancias de seguridade non foron impedimento para seguir traballando a nosa horta, facer rutas pola parroquia, talleres de pegadas, manualidades e unha chea de actividades que aínda que adaptadas as circunstancias actuais e diferentes as doutros anos, foron moi divertidas para nenxs e monitorxs e sobre todo serviron como vía de escape tras tantos días sen sair da casa.

O grupo de nenas e nenos que participaron durante o proxecto foi inmellorable, cun comportamento impecable e dándonos leccións de compañeirismo e adaptación enormes. Quixemos premiar isto na última sesión con algunhas sorpresiñas, agasallos e sorteos entre xs participantes.

Esta última foi unha xornada diferente, unha mañán para facer repaso do vivido durante estos meses, de todos os traballos realizados a pesares dos meses de parón, como as charcas para anfibios, a horta ecolóxica, o seguimento e rastrexo de animais na contorna do Espazo da Natureza de Oza entre outros. Despedímonos tamén, como non podía ser doutro xeito, traballando a horta, xa que esta está agora mesmo a pleno rendemento e tocou colleitar tomates e pementos , que tamén levaron as nenas e nenos participantes para desfrutar na casa coas súas familias.

A Escola Ambiental para ata despois do verán, pero as actividades na asociación seguen, e a horta non deixa de producir, polo que da gusto ver a canteira de nenas e nenos que seguen ligados a entidade tamén nos meses de verán, apuntándose a moitas das actividades organizadas,  indo ao Espazo da Natureza de Oza coas súas familias a coidar a horta e facer labores de mantemento. Accións que nos enchen de ledicia e dan o pulo necesario para seguir crendo e confiando en que este é un dos proxectos que máis pouso nos deixa xa que nos agasalla coa compañía dunha canteira inmellorable, e cunhas familias involucradas facendo un dos activismos máis necesarios.