CHEGA UN 9º INVERNO ANCESTRAL CHEO DE ACTIVIDADES

CHEGA UN 9º INVERNO ANCESTRAL CHEO DE ACTIVIDADES

9º Inverno Ancestral Cartel jpg

9º Inverno Ancestral Cartel jpg

9º Inverno Ancestral Presentacion

9º Inverno Ancestral Presentacion

 

O INVERNO ANCESTRAL é dende os seus inicios, a aposta de Senda Nova por actividades recollidas, que teñen como obxectivo, ademais, dar a coñecer parte do patrimonio inmaterial da Costa da Morte. Con esta novena edición non imos inventar nada novo, pero si ofrecemos un esforzo extra na procura, entre outras cousas,  de dar a coñecer o patrimonio da Costa da Morte e tamén diversos persoeiros e entidades dende o noso ESPAZO DA NATUREZA DE OZA. Son as CONVERSAS DO RURAL.

 

CONVERSAS DO RURAL

A xeira de faladoiros volve a Oza a través de cinco propostas interesantes. Connosco teremos a Cosme Damián Romay, biólogo e membro do GN Hábitat, que afondará na problemática do eucalipto nos nosos montes. Contraposto a esta especie, dende a Asociación Galega das Castañas e Soutos tráennos contidos sobre a plantación de castiñeiros. Será grazas á intervención de Jose M. Queijas e Jose A. Liñares.
Jose Puñal Ribeiro contaranos sobre as súas memorias, as dun dos nosos avós labregos que forxou a súa experiencia a través do traballo agrícola dende a aldea carballesa de Cernide.

Roberto Vilela e Manuel Ruibal achegarannos o seu traballo de busqueda e estudo das brañas e a súa importancia dende os primeiros asentamentos humanos. Ámbolos dous activistas pertencen ás entidades Ecoloxistas en Acción e Veciños polo Rural.

Con Juan J. Santos e J. Luciano Villlar informarémonos da labor da entidade compostelá Conxo Aberto da que forman parte, na defensa do patrimonio ambiental de Santiago e bisbarra.

 

RECIBIMENTO AO APALPADOR DENDE CARREIRA-ZAS

O día 29 de decembro recuperamos o recibimento ao Apalpador dende Carreira.
 Sen dúbida a maior aposta neste 9º INVERNO ANCESTRAL  é a recuperación desta actividade despois de varios anos sen realizala. No inmellorable marco da parroquia de Carreira, aos pes de pico de Meda e acollidos no local da A de Veciños O Santiaguiño de Carreira pretendemos encher a tarde de actividade sobre todo para os máis pequenos.

A partires das 17 h. teremos obradoiros de coñecemento de especies de árbores autóctonas para os máis novos e tamén a visita guiada pola aldea e polo propio Museo do Liño da entidade veciñal.
Dende a propia aldea agardaremos a baixada do Apalpador e a súa comitiva, que se achegará ata aldea para recibir a nenos e nenas.

Estas actividades contan coa colaboración da A. de Veciños O Santiaguiño de Carreira e o Concello de Zas. Están enmarcadas dentro da programación de ESPIAS NO BOSQUE, financiada pola Deputación da Coruña.

Os obradoiros e visitas guiadas son de balde, con prazas limitadas.

 

 

 

 

VISITAS CO APALPADOR ÁS ESCOLAS UNITARIAS

As semanas previas antes das vacacións escolares de Nadal son axetreadas para o Apalpador, ao que acompañamos en Senda Nova na súa visita ás escolas unitarias da bisbarra. Estas actividades, enmarcadas tamén no programa ESPIAS NO BOSQUE, pretenden achegar aos máis novos das escolas unitarias, o coñecemento de mamíferos autóctonos e tamén do seu hábitat. Ademais das visitas do persoeiro do Nadal, os nenos e nenas realizan traballos e obradoiros previos de coñecemento de diferentes especies. Parte deses traballos son entregados ao Apalpador en dita visita. Nestas actividades colabora o CRA Nosa señora do Faro e CRA Ponte da Pedra.

 

OBRADOIRO DE PEGADAS E INDICIOS

O vindeiro día 21 de decembro celebraremos o tradicional Obradoiro de Pegadas e Indicios que, desta volta e grazas á colaboración da entidade VECIÑOS POLO RURAL, celebrarase moi cerquiña do Bosque da Ribeira da Pena. Deste xeito, en horario de mañá e tarde, poderemos complementar a formación que difundimos na Escola Vella da Silva, coa visita a un das masas autóctonas de bosque máis importantes da comarca. Alí  de xuro que atoparemos pegadas e indicios estudadas horas antes.

De balde. Inscrición previa ate completar prazas. Prazas Limitadas. sendanova@hotmail.com   611037617

 

CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DAS ZONAS HUMIDAS

Como é tradición en Senda Nova, viaxaremos ao Esteiro do Anllóns para celebrar o Día Internacional das Zonas Húmidas. Será o día 1 de febreiro. A excursión terá horario de mañá. As prazas son limitadas, sendo necesario a inscrición previa. sendanova@hotmail.com   611037617.

Descarga aquí o cartel do 9 INVERNO ANCESTRAL