Once anos de Escola Ambiental rematan este vindeiro sábado día 1 de xullo.
A rapazada da Escola Ambiental prepárase para o descanso do verán e para nos é todo un orgullo dignificar o traballo das nenas e nenos que, durante todos estes oito meses de traballo, fixeron posible case 30 sesións variadas de aprendizaxe.
É por elo que neste acto de clausura están convidadas e convidados amigas e amigos dos participantes. Tamén familiares e, como non, os proxenitores. Pais e nais que teñen tan grande importancia nesta proxecto que se fai maior.
O acto, aberto ao público en xeral, contará coa presencia de socias e socios de Senda Nova así como de representantes do Concello de Carballo, entidade que aposta forte polo proxecto. Sen esa colaboración sería imposible.
Contamos con todas e todas vos o vindeiro día 1 de xullo ás 12h. no Espazo da Natureza de Oza.