Clausurase a 13 Escola Ambiental establecéndose como un dos proxectos ambientais para a mocidade máis ambiciosos

Clausurase a 13 Escola Ambiental establecéndose como un dos proxectos ambientais para a mocidade máis ambiciosos

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 5

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 5

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 5

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 5

Imagen de WhatsApp 2025-02-01 a las 15.27.38_6fbbc11b

A 13 edición da Escola Ambiental clausúrase con éxito

 

O pasado sábado día 14 de xuño clausurouse a Escola Ambiental de Senda Nova- Concello de Carballo. Ao acto acudiron as familias, socios e socias de Senda Nova, representantes do Concello de Carballo e membros da directiva da asociación así como os propios participantes.

Case 50 persoas puideron comprobar os traballos realizados a través dunha presentación fotográfica de 33 fotografías. Esta selección de material gráfico serviu para facer un repaso ás case trinta sesións nas que se dividiu esta 13 edición dun dos proxectos ambientais para a mocidade máis completos de Galicia.

Entre as actividades desenvoltas atopáronse excursións aos sitios máis importantes da contorna a nivel ambiental, así como os vestixios arqueolóxicos máis salientables. Deste xeito os case 30 participantes desta 13 edición do proxecto, desenvolveron actividades de achegamento á Píllara das Dunas en Baldaio. Visitaron os bosques autóctonos máis importantes da bisbarra con saídas pola contorna da Ribeira da Pena ou da Bérbia. Realizaron excursións polo Esteiro do Anllóns ou pola contorna de Oza, entre outras.

Ademais das saídas, as actividades realizáronse no propio espazo da Natureza de Oza. O cuartel xeral de Senda Nova e da propia Escola Ambiental foi o lugar onde se realiza o proxecto transversal encamiñado ao cultivo de horta ecolóxica. O equipamento conta cun invernadoiro de rego automatizado, pero tamén un espazo exterior de horta. A través de bancais cultivouse a horta ecolóxica con diferentes especies como cebolas, allos, leituga, tomate, pementos…que dentro do proxecto transversal incluíu o aproveitamento dos produtos por parte das familias e tamén a participación na feira dominical de Carballo coa venda dos excedentes. Esta visita á feira foi unha das últimas sesións e tamén unha das máis agardadas, permitindo á rapazada a interacción coa sociedade carballesa a través da venda dos produtos.

As áreas de actuación e obxectivos da programación inclúen a ecoloxía, a cultura e o achegamento físico ao medio natural. Dentro desta última área de traballo, os participantes coñecen material específico como equipos ópticos, sacos de durmir, tendas vivac, mochilas…etc, familiarizándose cun material que chegan a utilizar de xeito práctico nas sesións de pernocta, dentro de cada recta final do proxecto.

Dos case 30 participantes que percorreron esta 13 edición, o 75% tiveron unha participación continuada, o que da ao programa de actividades un apego importante e que permite unha evolución constante da rapazada e da propia Escola nos obxectivos plantexados.

A Escola Ambiental foi un proxecto ambiental pioneiro de achegamento á rapazada ao medio rural máis próximo. Hoxe é tamén un dos proxectos ambientais para a mocidade máis importante e ambicioso de Galicia, ao contar con case 30 sesións continuadas en cada edición e tamén ao traballar co mesmo número de participantes dende novembro a xullo.

Esta edición rematou cun fermoso día de festa na que se repartiron agasallos. Os diplomas aos rapaces e rapazas cun aproveitamento das actividades, e os agasallos especiais para aqueles con máis dedicación amosada a través da asistencia plena ás actividades.

Dende aquí agradecer ao Concello de Carballo pola axuda imprescindible para estas accións. Agradecer tamén ás familias e aos participantes e, por suposto aos socios e socias de Senda Nova.

Imagen de WhatsApp 2025-02-01 a las 15.27.38_6fbbc11b

 

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 4

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 4

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 3

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 3

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 2

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición 2

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición

Escola Ambiental Senda Nova 13 edición