Máis de 20 persoas se deron cita no Espazo da natureza de Oza para escoitar á nutricionista de Laxe Noa Vázquez Rendal.
Un percorrido ameno, didáctico e sobe todo interesante polos alimentos nocivos e polas variedades más saudables para incluír na alimentación. Noa puxo de manifesto a importancia da alimentación en diferentes enfermidades e o positivo do consumo de froitas e verduras e elementos naturais fronte aso procesados.
A partires de aí foi profundizando a través de numerosos alimentos e as características de cada un para pechar unha actividade que se caracterizou por unha participación moi activa dun numeroso publico atento á intervención.
Moitísimas grazas Noa por estar onte no Espazo da Natureza de Oza e por achegarnos a todos eses conceptos que teñen que ser básicos nas nosas vidas.