O alunado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Bergantiños foi o primeiro en recibir aos monitores de Senda NOva para a difusión do que será a vindeira edición da Escola Ambiental de Senda Nova. A partires de agora e durante as vindeiras semanas, a comitiva de Senda Nova fará parada en diferentes centros de ensino de primaria da comarca para levar información de primeira man aos nenos e nenas, dos obxectivos e diferentes actividades que se desenvolverán na Escola 2017-2018 e que chegará xa á 6º edición.
Os estudantes tamén reciben información a través dunha volantina que lles permitirá facer a preescripción ao proxecto, entregando a mesma cuberta na Libraría Punto e Coma entre os días 23 e 28 do presente mes. Aqueles nenos e nenas que participaran o ano anterior na Escola pódense preinscribir XA nos tf 611037614 ou 611037617
O programa extendese de novembro a xuño e segue no seu crecemento, mesmo na implicación do Concello de Carballo, o cal aumenta o seu compromiso coa xeira de actividades que compoñen unha Escola Ambiental que ten como obxectivo o coñecemento do patrimonio máis achegado por parte dos escolares da comarca, especialmente de Carballo, de donde procede a maioría da participación.
Para máis información do proxecto no mail asociacion@sendanova.org ou nos telef 611037614 / 611037617
Máis información da Escola Ambintal