Comeza o 7º OUTONO EN MARCHA

Comeza o 7º OUTONO EN MARCHA

Presentación 7ºOM

Onte, venres 19 de outubro, o Espazo da Natureza de Oza acollía a algo máis dunha ducia de persoas para darlle a benvida o outono e con el á 7ª edición, xa, do OUTONO ENMARCHA. Foi un día de moita actividade na que as Conversas do luscofusco, do programa AS SETE NO ESPAZO, daban paso á presentación das tan ansiadas “rutas”, da man do historiador e membro partícipe do deseño de diversos dos roteiros Evaristo Domínguez.

José Manuel Menéndez e Evaristo Domínguez mostraronnos un resumo dos cinco percorridos que lle van dar vida a estes domingos de outono que se nos presentan. Como de cotío, fixeron fincapé en que son propostas de coñecemento, interpretación do patrimonio, sensibilización ambiental e espírito de aventura e convivencia, sobre todo na nosa comarca de Bergantiños.

As Senda das capelas, Terras do Marqués, Pegadas do wolframio, Ruta das Férvedas e, en primicia este ano, FRAGAS DE CATASÓS son os percorridos establecidos para un novo outono cheo de lama e sorrirsos.

Outra das grandes novidades será o arranque de “Da Lareira á Lameira”, o programa de radio de RTV Cerceda que fará unha viaxe previa a través das ondas, do que serán os lugares a percorrer en cada unha das andainas. O obxectivo do Espazo no que intervén Jose M. Menéndez, non é outro que profundizar no coñecemento do patrimonio que salpica as nosa bisbarra e sacarlle o máximo partido as camiñadas.O programa tamén se poderá escoitar en directo online os mércores a partires das 12:30. O seguinte programa será adicado á parroquia de Montemaior, territorio a percorrer na primeira das andainas.

Agradecer ao Concello de Carballo, Concello de Laracha, Protección civil, a Plataforma en defensa do Monte Neme, a Salvemos as fragas de Catasós e, sobre todo, a esa xente que fai posible que levemos sete outonos percorrendo e conservando o noso pratrimonio.

O vindeiro domingo, as Sendas das Capelas, pon o punto de saída cara un novo outono cheo de corredoiras, patrimonio, cultura, natureza…amigos, novos compañeiros e, sobre todo, moita lama e coñecemento a través das nosas parroquias máis achegadas.

Tes listas as botas? Porque nós xa lle estamos sacando brillo!