A Asociación Ambiental Senda Nova ven de comezar as súas visitas periódicas a Baldaio na época de cría da Píllara das Dunas, especie sensible que aniña nos areais con sistemas dunares ben conservados de Galicia e que tivo o ano pasado en Baldaio uns boísimos resultados reproductores.
O pasado ano tamén colaboramos no seguimiento dos niños. A época de cría da Píllara comeza coa primavera e xa foi atopado o primeiro dos niños polos compañeiros de AXENA no areal carballés.
É tremendamente importante evitar o paso de vehículos polos areais. Aínda así, unha das maiores problemáticas da especie é a presencia de cans soltos polos areais onde aniña. É vital a sensibilización de todos para que isto non ocorra.