Comezan as Historias de Inverno

Comezan as Historias de Inverno

Cartel Historias de Inverno

Cartel Historias de Inverno

A xeira de HISTORIAS DE INVERNO é unha das actividades máis agardadas do INVERNO ANCESTRAL e hoxe martes 22 ás 19h. arrincan en Cances coa narración de Aurelio Castro Regueira presentado por Miguel Anxo Calvo.

Coma sempre nas diferentes parroquias da Costa da Morte. Igual que en anos anteriores, son os máis vellos do lugar os que nos narran as vivencias e a historia da súa parroquia a través de diferentes e interesantes temáticas axeitadas por un presentador tamén coñecedor da parroquia.

Unhas entretidas narracións que se manteñen para sempre no material gráfico recollido por Senda Nova e que se sumarán as parroquias participantes en anos anteriores.

Desta volta viaxamos a Caión, Cances, Lamas, Aldemunde, Cerqueda. Laxe, Carballo e Rececinde noutras tantas tardes de contos, lareira e café, nos locais sociais das súas parroquias.

Agradecer a colaboración dos narradores, presentadores e como non, entidades e concellos colaboradores.