Espazo da Natureza de Oza
21 decembro ás 21 h.
Axuda: 3€
Ata completar aforo.
O vindeiro día 21 ás 21 horas teremos connosco a Celso F. Sanmartín no Espazo da Natureza de Oza co seu traballo CONTAR. Será dentro da vindeira xeira das Historias de Inverno.
Se o vindeiro domingo pechabamos o 7º Outono en Marcha en terras de Lalín, hoxe presentamos esta actividade seguindo cos vínculos entre o Deza e Bergantiños.
A labor de Celso F. Sanmartín no eido social vai máis aló do profesional. Pertence ao grupo Salvemos Catasós, co que colaboramos recentemente, participando no activismo para a protección das fragas de Lalín fronte á liña de alta tensión que aínda hoxe ameaza o bosque autóctono.
Aínda así, o artista do Deza é máis coñecido polas súas contadas. Dende ben mozo ven recollendo historias do rural galego, sobre todo da xente maior, pola que mostra devoción. O seu traballo pretende manter viva a memoria do rural galego a través desa escoita e da narración oral, liña da que ven traballando dende fai tempo.
A parte desta faceta, Celso é autor e coautor de numerosos traballos entre os que destaca a poesía. A parte dos traballos en solitario ten participado tamén en espectáculos con outros artistas como Kiko Cadaval ou Cándido Pazó.
Polo traballo no activismo ambiental e pola súa grande labor como divulgador da memoria do noso rural a través dos maiores, estamos encantados de ter a Celso e ao seu espectáculo CONTAR, a carón dos maiores da costa da Morte. Por suposto dentro do noso proxecto coas HISTORIAS DE INVERNO que, nesta nova xeira 2018-2019, pretende achegarse ás 30 parroquias percorridas.
Espazo da Natureza de Oza
21 decembro ás 21 h.
Axuda: 3€
Ata completar aforo.