COSTA DE MALPICA PARA A APRENDIZAXE E AMIZADE

COSTA DE MALPICA PARA A APRENDIZAXE E AMIZADE

Costa agreste XPR3

Costa agreste XPR3

O percorrido da X PRIMAVERA EN RUTA chegou á parada do ecuador do traxecto. A COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE tiña como novidade a participación dos compoñentes da Asociación Cultural Casa da Horta de Porto, a primeira das que (dun xeito excepcional con respecto a outras edicións) chegará dende fora da nosa contorna para aportar coñecementos e espallar o patrimonio das nosas comarcas.

 

 

A visita pola costa malpicá tivo o precedente no encontro previo no Espazo da Natureza de Oza do día anterior. Unha posta en escena da excelente labor que a entidade de Porto está a realizar na cidade  a través de actividades relacionadas coa ecoloxía, a cultura e a loita permanente contra a masificación turística e as súas consecuencias.

 

Coa saúda do alcalde de Malpica e o agradecemento ao concello pola colaboración, comezamos a andaina rumbo aos Barreiros. Contabamos co omnipresente guía Evaristo, deseñador do percorrido, e ademais coa presenza de Xosé Manuel Varela, dinamizador e axitador cultural da parroquia e un dos máximos coñecedores da bisbarra. Del tivemos moitísima información, entre ela  dos barreiros e o castro da Croa. O recinto castrexo é exemplo da unidade veciñal a prol do patrimonio e de actuación responsable.

O pazo de Loroxo e os muíños da Ribeira foron as seguintes paradas. A última delas lugar de parada de avituallamento e goce dos sentidos. Certamente o espazo a carón do mar non é menos espectacular por telo camiñado tantas veces. Cun ceo azul fermoso e un mar calmo, o recuncho ofrece un agasallo para a vista.

O aspecto xeolóxico é tan salientable como a paisaxe. Unha comprobación real do movemento de placas expresado nunhas formacións caprichosas cos materiais ata deixar siluetas de poesía.

A segunda parte da andaina mostrounos os areais: Samiro e o Riás.

Outros dous agasallos unidos por unha costa de película aberta en furnas e cantís. Un tramo inspirador a través da historia da devesa dos conventos e a ecoloxía de ser o lugar de Europa con carballos máis cerca do mar.

 

E alí, onde o vento salgado fai dos piñeiros cabanas, rematamos unha xornada perfecta para unión de culturas o aprendizaxe, a paisaxe e a amizade.

 

Máis fotos: https://www.flickr.com/photos/145038277@N05/albums/72157705094248412

Costa agreste XPR2

Costa agreste XPR2

Costa agreste XPR2

Costa agreste XPR2