Couso pecha as HISTORIAS DE INVERNO

Couso pecha as HISTORIAS DE INVERNO

Martín Rabuñal, o presentador da última velada das HISTORIAS DE INVERNO,  foi o primeiro en baixarse á estación de Couso para comezar co último faladoiro desta 3º xeira de andainas polo rural da Costa da Morte.
Evangelina Pérez, Manuel Fernández, Ramón Velo voltaron a vista atrás por un intre ante case vinte espectadores e fixeronnos voar polo Couso sabor a volframio, agro e gandeiría. Pola escola de fai máis de sesenta anos, polos tempos dos camiños de lama e os fuxidos nos montes.
Couso pechou unha nova viaxe dunhas HISTORIAS DE INVERNO  que consolidan a programación do INVERNO ANCESTRAL e tamén as viaxes no frío da noite polo Bergantiños máis auténtico, pola Soneira máis viva, pola memoria das nosas parroquias e polo agarimo, respecto e admiración dos nosos maiores.
Grazas a entidades, presentador@s e, sobre todo, voluntari@s de Senda Nova.

Historias de Couso 17

Historias de Couso 17