Deica logo primavera

Forza do Río Chonia 8º PR Vilacoba

Forza do Río Chonia 8º PR Vilacoba

A primavera está a piques de rematar mais para min xa chegou ao seu fin. Con ela a última xornada de camiñada, aprendizaxe e convivencia desta oitava primavera en ruta.

Todo chega ó seu fin. Con pena témoslle que decir ata pronto a todos eses compañeiros, que durante nove domingos continuados son parte dun, familia de saídas; cos que vas aprendendo sobre ecoloxía, patrimonio, cultura e todo canto temos preto de nós. Porén,  non só adquirimos coñecementos, senon que tamén aprendes algo tan importante como a convivir, a axudarnos e a compartir aventuras. Son domingos de aprendizaxe en todos os sentidos, de esquecerse de todo, nos que non existen os problemas, só os contos, risas, coñecementos e algunha que outra caída nas que sempre tendrás unha man compañeira para erguerte.

 

Porque por máis que moitos digan que un domingo é para descansar, e moito menos para madrugar, para min están errados. Un domingo de levantarse cedo faino especial e único, porque sei que unha vez que esperte comezará o un día de aventura e liberdade. E aínda que sei que me vou levantar cedo e que despois de 9h de vivenzas tendrei que chegar a casa e volver marchar, sen poder tirarme a descansar ata cerca das once, non me importa; agradezo poder ter un domingo de ruta, agradézollo a todos eses compañeiros que o comparten, a todos os que aportan e che ensinan, as persoas que dedicaron tempo en facer eses percorridos tan fermosos e cheos de vida, a todos aqueles que co seu pequeno aporte contribúen dun xeito ou doutro para que se realicen e, sobre todo e o máis importante xa que senón non habería domingos distintos, agradézolle ben a esas persoas que adican tempo, ganas e vida para que eu ou tantos outros poidamos disfrutar de tanto, a esas persoas que ao chegar a casa tampouco descansan nin se relaxan. Porque sen eles de seguro que non habería nin domingos especiais nin aventuras polas que erguerse nin polas que madrugar, e tan só sería un domingo sen máis nin importancia.

 

Esta primavera rematou con risas, familia, caídas, espiñas, cun Sofán como o «Amazonas» e apertas cun deica logo.

Grazas por facerme un chisco máis feliz durante nove domingos. Vémonos na próxima. Deica logo compañeiros. Deica logo primavera.

 

Ángela Cambón