Dende o corazón interior

Dende o corazón interior

terras altas de Soneira XPR

terras altas de Soneira XPR

Aínda nesta tan “avanzada” sociedade humanizada, podemos atopar recunchos que se atopan como fai anos. Lugares , agras, parroquias, que manteñen a esencia pese aos anos de teléfono móbil.
É de moito orgullo poder gozar cada ano de puntos para a emoción como o da férveda do Rabiñoso, espetada no corazón dese territorio fértil ben escondido entre os montes de Meda e de Varilongo. Un espazo que foi capaz de parir o río que lle da a persoalidade á comarca de Soneira.
Aparte de ver nacer o río do Porto, este recuncho de paz é capaz de albergar anaquiños de tres parroquias, de tres concellos e de tres comarcas: a de Xallas, a de Bergantiños e a de Soneira. Ben representadas por Vilarqueimado, Sordíns e Vilaramilo.
Este foi o punto de partida. Perdidos na paisaxe interior. Alí onde Evarísto manten o seu recuncho escollido entre millóns dos que coñece.
Por iso é tan importante velo dende o alto de Pico de Meda. Valíu a pena a costa para chegar a uns 565m que desprenden arume de liberdade. Que convidan a voar dende as Sisargas ata a península de Barbanza a medida que os ollos van repasando as diferentes tonalidades de verde e azul.
Mais Meda tamén eran os cabalos que xa non están. A rapa que xa non queda.
Cruzamos varias mamoas e castros. E a agra de Gándara, nesa planicie farturenta de colleitas e patrimonio: restos das torres de Surribado, castro de Bico da Cruz, igrexa e cruceiro de Gándara, Castro de Vilastevez… ata que o camiño, como nun embudo, nos meteu de cheo na veciña Carreira e na labor da A. veciños O Santiaguíño. Sen dúbida o mellor resumo e o mellor exemplo de mantemento do rural que podemos atopar pola zona. Un concentrado perfecto no edificio do museo do liño, móstranos a canalización do traballo a prol da parroquia a través do edificio: dos teares; das importantes pezas que conserva; e da taberna, convertida en axitador social do entorno.
Foi a fin a outra nova andaina polo rural menos coñecido e do que estamos máis orgullosos. Agradecementos tamén ao concello de Zas, a protección civil de Carballo e a voluntari@s de Senda Nova.
Camiño da COSTA AGRESTE DE CERQUEDA E CAMBRE.

Jose M.Menéndez

 

Máis fotos

https://www.flickr.com/photos/145038277@N05/albums/72157706969057871