O Pasado sábado día 29 de xuño foron preto de 80 persoas as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para festexar a chegada do verán e despedir un curso cargado de actividades.
Ás 11:00h os voluntarios e voluntarias da entidade comezaron as labores de preparación da festa campestre que estaba a piques de comezar, e a deixar todo preparado para a festa de fin de curso da VII Edición da Escola Ambiental Senda Nova que se celebraría este mesmo día.
Pouco a pouco foise sumando xente, e logo se formou un equipo de traballo inmellorable que colaboraron e participaron en todo o preciso para pasar unha xornada de confraternidade e ben divertida.
Ás 14:00 da tarde xa arrecendia Oza a churrasco, aos vexetais á grella, as tortillas, a broa e o pan que logo enchería os bandullos de pequenos e maiores. O tempo acompañounos dende case primeira hora da mañá facendo aínda máis confortable a comida a pe de campo que disfrutamos até ben entrada a tarde, cando as “Tocadoras da Escola Do Alprende” viñeron a amenizar a tarde e a facernos difrutar coas súas pezas de música tradicional, e as cales lle agradecemos enormemente a súa colaboración. Foron tamén varías as persoas asistentes as que se animaron e botar uns bailes, e incluso os máis pequenos a coller as súas gaitas e acompañar as pandereiteiras.
Ao redor das 18:00h comezou o máis importante da xornada , os actos de fin de curso da Escola Ambiental Senda Nova, durante os cales as nenas e nenos, as súas familias e resto de asistentes fixeron un repaso polo que foi a Escola Ambiental deste ano, vendo un video recopilatorio de algunhas das actividades que se levaron a cabo durante estos 8 meses de actividade semanal, os traballos que fixeron e nos cales traballaron durante todo o curso, e sobre todo vendo e sendo conscientes da mellora en moitos eidos das nenas e nenos dende que comezou a escola até agora.
Non nos cansaremos de agradecer as familias o esforzo constante que realizan durante os 8 meses que dura a actividade, por motivar, incentivar, permitir e facerlle posible as nenas e nenos participar nesta escola, a Escola da resistencia como a alcumaron algunhas persoas durante a clausura. A Escola que intenta achegar aos máis pequenos a vida na natureza, a vida no rural, a fomentar a súa autonomia, os seus coñecementos e agarimo polo medio, pola cultura, pola natureza… Como dicía un dos monitores durante a clausura: “Con esta escola pretendemos que os nenos de hoxe en día se parezan un pouquiño máis aos nenos e nenas de fai 40 anos.” Referíndonos como diciamos anteriormente a intentar fomentar neles o espírito observador, a autonomía, a capacidade de adaptación ao medio, os coñecementos sobre o mundo rural…
Foi un acto emitovo onde contamos tamén coas palabras de agarimo e azós de Xosé Regueira, representante do Concello de Carballo, que un ano máis fan posible grazas a súa colaboración que esta Escola se desenvolva deste xeito e facilitándonos recursos para levala a cabo dende a 1ª edición da mesma, falaron tamén as monitoras e monitores da Escola facendo un repaso polo que vivimos neste curso e foron tamén varias as sorpresas e agasallos que recibiron durante o acto as rapazas e rapaces participantes, e que fixeron aínda máis entretida a xuntanza.
Non podemos deixar de agradecer a implicación dos nenos e nenas da Escola, que cada ano nos sorprenden máis en coñecementos, constancia e sobre todo paixón, facendo moito máis sixenlo levar a cabo este proxecto.
Logo de acabar os actos houbo unha merenda para todas as persoas asistentes e disfrutamos do que restaba de tarde entre risas, anécdotas e xogos. Xornadas que serven para afianzar lazos, unir vínculos, pasalo ben e seguir facendo camiño.
Despedimos un curso cheo de actividade, despedimos tamén a primavera, pero dámoslle a benvida ao verán e a unha xeira de actividades que seguen e veñen por diante durante os vindeiros meses.
Collemos folgos, e seguimos facendo camiño, comezamos a prepararnos para a VIII Edición da Escola Ambiental de Senda Nova!!
Eva Caméan.